Compostela Conversa reúne mañá a Trilitrate e Joana Barra Vaz

0

Compostela, 18 de marzo do 2017 –  O ciclo Compostela Conversa que ten que se celebra ata o mes de xuño continúa con Trilitrate, Joana Barra Vaz e Lucia Iturralde.

O ciclo Compostela Conversa está organizado pola concelleria de Acción Cultural e consiste nunha charla entre os protagonistas e o público seguida dun concerto.

Mañá domingo os protagonistas de Compostela Conversa serán Trilitrate e e a temática vai desde a música ata a videocreación ou a realización audiovisual.

Trilate

Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro de un universo propio. Esta atmosfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.

Joana Barra Vaz

Joana Barra Vaz é unha realizadora, compositora e música portuguesa. Fundou xunto a Tiago Pereira o arquivo web ‘A Música Portuguesa a Gostar Dela Própria’; Formouse en argumento cinematográfico e son na Escola Superior de Teatro e Cinema. Fixo a súa formación musical en clases particulares de piano clásico acompañada pola profesora Lídia Lantos. É autodidacta na guitarra. Estreouse en escenario en banda de presentación do LP “Tree Of Life” de José de Castro. Escribiu letras para Tv Rural e tamén para Bernardo Barata.

Entre moitos outros vídeos musicais, realizou o documental “meu caro amigo chico” que foi exhibido nos festivais: Indie Lisboa’12, Muvi’14, e a Mostra Internacional de Cinema de S. Paulo’12 — onde foi seleccionado polo público para competición.

En Setembro de 2016 funda, xunto a Pedro dos Reis, a plataforma artística e editora Bi-Du-Á cuxo primeiro lanzamento é o seu LP “mergulho em loba”: un longa duración producido por ela mesma xunto a Luís Nunes e José Joaquim de Castro, conta coa participación dos músicos José Joaquim de Castro, David Pires, David Santos, Ana Nagy, Ricardo Jacinto, João Gil, Selma Uamusse, Gabriel Correia, e Mário Amândio.

“mergulho em loba”: foi elixido como un dos mellores discos da música portuguesa do ano pasado pola crítica do país.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial