займ срочно

A bisbarra contra o Coronavirus XVI, as residencias

0

Compostela, 2 de xuño do 2020 – Os nosos maiores foron un dos maiores grupos de risco en esta pandemia e as residencias, en algún caso, un foco de contaxio e de problemas.

Falamos con Javier Quián, voceiro dos familiares da residencia Domus Vi San Lázaro, unha das que máis afectados tivo e que segue a día de hoxe sendo investigada. Unha residencia privada, aínda que con concertos coa Xunta de Galicia, e na que o número de afectados foi moi superior ao doutras institucións de este tipo

Todo comezou cando un dos usuarios é diagnosticado de Covid19 no CHUS é devolto a residencia, alí no canto de illalo o trasladan a unha planta onde contaxia ao resto

Pero a crise do Coronavirus non serviu máis que de detonante dunha situación que xa era mala e que xa motivara queixas dos familiares e dos traballadores anteriormente

A bisbarra contra o Coronavirus XVI, as residencias

Residencia de san Lázaro

Este tipo de institucións teñen unha normativa moi esixente sobre como actuar a diario e no caso dunha crise sanitaria, no caso de Domus Vi non se cumpriron

Na actualidade a fiscalía está investigando todo o sucedido, Javier Quián pensa que a neglixencia é clara

Queda tamén por determinar cal foi o criterio da administración autonómica para decidir que residencias eran intervidas e cales non, os familiares explican que desde a Xunta nunca recibiron resposta as súas demandas

Javier Quián destaca o traballo do persoal da residencia e do Sergas; fixeron todo o que puideron cos medios que tiñan e, desde o seu punto de vista, é moi loable porque estiveron xogándose a vida por atender aos seus familiares-

A sociedade no seu conxunto ten que reflexionar sobre o trato que se lle da aos maiores. Hai moitas circunstancias para que unha persoa acabe os seus días nunha residencia e debería ter garantida unha praza, ao marxe dos seus ingresos, e uns coidados dignos. É a enésima cuestión sobre a que a crise do Coronavirus nos debería facer reflexionar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies