Organizan a primeira Operación Quilo Virtual

0

Compostela, 28 de maio do 2020 – El Corte Inglés organiza a primeira Operación Quilo “virtual” a favor  dos afectados pola pandemia.

Todos os establecementos do Corte Inglés, Hipercor,  Supercor,  Supercor  Express e  SuperOpen participan desde hoxe e ata o 31 de maio nesta Operación Quilo. No ámbito de Santiago a acción desenvólvese no Hipercor e  Supercor Milladoiro.

En colaboración con  FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos), e en consonancia coas normas que rexen a nova normalidade, a compañía optou nesta ocasión por innovar, convidando os seus clientes a realizar unha achega económica que se traducirá na entrega de produtos ao Banco de Alimentos da súa zona en función das súas necesidades. Como xa é habitual, a maiores, o Corte Inglés achegará o 10% de todo o recadado en alimentos de primeira necesidade.

Cada persoa poderá realizar unha achega na liña de caixa dos supermercados do Corte Inglés, Hipercor,  Supercor,  Supercor  Express e  SuperOpen, podendo optar entre 1, 3, 5, 10, 25 ou 50 euros, ou ben achegar a cantidade que desexe. Desta maneira, cada Banco de Alimentos poderá adquirir os alimentos que máis necesite en cada momento, de acordo á demanda dos seus usuarios. Con esta iniciativa minimízase a actividade loxística, evitando a consecuente pegada de carbono do traslado dos produtos físicos, así como o necesario manipulado dos alimentos.

Ademais, El Corte Inglés fai un chamamento aos seus empregados para que actúen como voluntarios durante esta iniciativa. Convenientemente identificados, informarán os clientes para que aqueles que o desexen poidan realizar a súa achega económica a esta causa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial