A cova de Eirós na Nerdnite de outubro

0

Compostela, 28 de outubro do 2019 – O vaso prehistórico da cova de Eirós, xunto co Antropoceno e a posibilidade de vivir rodeado de residuos, serán os temas da Nerdnite do mes de outubro que terá lugar este martes na Nave de Vidán.

A partir das nove e media Ramón Fábregas Valcarce, catedrático de prehistoria da USC, desenvolverá o relatorio ‘Casando fóra da parroquia? O caso do vaso prehistórico da Cova Eirós’.

A catedrática do departamento de Ecoloxía, Evolución e Bioloxía Mariña da Universidade de California en Santa Bárbara, Débora Iglesias Rodríguez, falará de mares quentes, océanos ácidos e outras historias mariñas do Antropoceno.

Finalmente Ángeles Pereira Sánchez, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC, responderá, pola súa parte, á cuestión ‘TerraVerde Servicizing & Recyling, S.A. Viviremos rodeados de residuos?’.

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial