Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo

0

Compostela, 9 de outubro do 2019 – Os próximos días 18 e 19 o Centro Sociocultural de Conxo celebrará as, xa tradicionais en esta época, Xornadas Micolóxicas.

Hai xa anos que o Centro Sociocultural de Conxo iniciou as súas Xornadas Micolóxicas xunto cun afeccionados e micólogos próximos ao barrio. Coa colaboración da Asociación Micolóxica Pan de Raposo en cada edición crece o interés por este tema e por saber máis do papel que os fungos teñen na natureza.

Edición 2019

Nesta edición contarase con dúas conferencias. Unha é a xa tradicional de iniciación á micoloxía, para que aquela xente que non coñeza este mundo teña oportunidade de facelo. Da charla, o venres 18 ás 20:30 horas, encargarase José Manuel Castro Marcote, micólogo da Asociación Micolóxica Pan de Raposo.

Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de ConxoCastro Marcote é licenciado en Ciencias Químicas e Farmacia pola Universidade de Santiago, e formou parte do Comité Científico do IV Encontro Internacional de Micoloxía do Atlántico (Valença do Miño 2007), do V e VII Congreso de Micoloxía do Atlántico (Ferrol 2009 e Lugo 2013) e das Jornades Micologiques Internacionals d’Esplugues (2008, 2010, 2012, 2014). É autor e coautor de diversos libros e guías de referencia sobre cogomelos en Galicia e no litoral atlántico, así como colaborador de micoloxía en varias revistas de Galicia, Madrid e Cataluña.

O sábado 19, ás 10:30 horas, sairá unha ruta micolóxica por Conxo da man de José María Costa Lago, historiador afeccionado á micoloxía, especialista en etnomicoloxía, e avezado micólogo de campo, que ten desenvolvido en Conxo un gran traballo na divulgación e achegamento á micoloxía.

Na ruta por Conxo percorreranse hábitats diferentes co obxectivo de achegarse á micoloxía dende a observación e análise do medio. Estudaranse especies diferentes e levaranse para a súa exposición, observación e estudo á tarde no Centro Sociocultural de Conxo, onde despois de identificar e falar sobre elas, este autor impartirá unha conferencia sobre os cogomelos da parroquia da Gándara (Oroso).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial