Comeza a 4º edición do Festival HerDanza

0

Compostela, 2 de setembro do 2019 – Os recunchos de Compostela acollerán un ano máis as actuación do Festival HerDanza que desde hoxe luns abre a súa cuarta edición.

HerDanza buscará coma sempre a promoción e difusión da danza contemporánea cunha programación que durará ata o día sete. O encontro de profesionais do sector e visibilizar aos novos creadores son outros dos obxectivos do evento.

Festival HerDanza

Imaxe de arquivo

O encontro foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez, responsables do festival, que foron os encargados de detallar a programación. Rosón destacou a importancia do Festival para “dinamizar e impulsar a danza en espazos públicos”, así como o “diálogo coa cidade” que formulan as súas actividades. Ademais, valorou a variedade de propostas e de espazos, con prazas, museos e mesmo igrexas como escenarios.

Programa

A programación comeza as oito de esta tarde na Casa do Matadoiro, cunha sesión de cata de viño e maridaxe. Mañá martes, no mesmo lugar, celebrarase unha conversa sobre “Intervencións en espazos non convencionais: danza e corpo en lugares singulares”, con Merce de Rande e Bebeto Cidra.

O mércores 4, a xornada comezará pola tarde, ás 17:15 horas, coa intervención Dancentergala no CGAC, onde un cuarto de hora despois se proxectará o documental Fuera de escena e se conversará coa súa directora, Alejandra Aguirre. Logo, ás 20:00 horas, na praza de Salvador Parga, I love the microphone, un espectáculo de rúa con Rakhal Herrero. O programa do día péchase ás 21:15 horas, na Casa do Matadoiro, cunha conversa sobre “Expresionismo alemán: danza e outras expresións artísticas de principios do século XX”, con Berta Secall Pons e Rosa Marta Gómez Pato.

Esta foi a presentación do Festival no 2016

 

O xoves 5, a danza trasládase ao parque de Bonaval (19:00 h), co espectáculo Danza líquida, de Rebeca Ponte e Carlota Pérez. Ás 20:00 h, a compañía Schattenidentität representa All the world is a stage na igrexa das Ánimas. O programa da xornada complétase coa proxección ás 22:00 h, na Casa do Matadoiro, do filme Der grüne tisch (La mesa verde.

A Fundación Granell acolle o venres 6, ás 19:00 horas, o espectáculo Saída de emerxencia: sentir verde, con Milagros Bordones e Carlos Jesús García. Unha hora despois, na igrexa de Santa María Salomé, In the middle of the night, unha representación de rúa de Rebeca Carrera. E ás 22:00 horas, proxección de Tanzträume na Casa do Matadoiro.

A última xornada de herDanza, o sábado 7, terá xa pola mañá dúas propostas no Airas Nunes: a intervención Nais, de Lupe Carballo (12:45 h), e a presentación do libro Teatro físico: la revolución de las formas, con Alfonso Rivera. Pola tarde haberá tres espectáculos: Sintonía 20, da compañía Sin Papeles (18:00 h, no Museo do Pobo Galego); Mostra da residencia de creación, con Bebeto Cidra (19:00 h no CGAC); e Lloc Jox Xoc, de Santiago de la Fuente e Diego Buceta (20:00 h na praza de San Martiño Pinario).

Formación

Aos espectáculos, residencias e conversas, herDanza suma a súa dimensión formativa, cun adestramento intensivo, en colaboración coa USC e o IES Rosalía de Castro, para profesionais interesados/as nas artes do movemento. Así, Rakhal Herrero impartirá o obradoiro A escena do dous (exploración e desenvolvemento de dúos) o martes 3 e o mércores 4, de 10:00 a 14:30 horas. Pola súa parte, Rebeca Carrera encárgase do taller Destruír o corpo cotián, con formación o xoves 5 e o venres 6, de 10:00 a 14:30 horas. Inscricións e máis información a través da dirección de correo electrónico herdanzafestival@gmail.com.

Direccións relacionadas

Máis información na web do Festival HerDanza

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial