займ срочно

O Mufest IV, Festival de cine feito por mulleres, abre as inscricións

0

Compostela, 24 de outubro do 2019 – A cuarta edición do Festival de cine feito por mulleres, o Musfest IV, celebrarase no mes de marzo do 2020 e abre xa as inscricións para participar.

O Mufest ten como obxectivo ser un espazo no que dar a coñecer ao gran público cine feito por mulleres que en non poucas ocasións queda agochado nos grandes circuítos. O debate sobre a situación do sector, desde unha perspectiva de xénero, será outra das bases de este festival.

MufestEsta edición está aberta a calquera directora, guionista ou produtora que presente o seu filme orixinal en galego, en castelán ou subtitulada nunha destas linguas. O período de inscrición está aberto desde hoxe mesmo ata o 10 de xaneiro do 2020 a través da plataforma FilmFreeway ou enviando un enlace seguro ao correo electrónico info@mufest.org. Pódense consultar todos os requisitos e características nas bases de participación así como todas as novas relacionadas co MUFEST na web do festival.

Andaina, a revista impulsora

O Mufest está impulsado desde Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista. Creada no ano 1983 cos obxectivos de animar as mulleres a escribir, falar, documentar, investigar; fomentar o debate en torno ás posicións e teorías feministas existentes; denunciar as situacións de discriminación e violencia que sofren as mulleres; visibilizar as actividades laborais, profesionais, científicas, creativas, políticas e sociais realizadas por mulleres que remanecen na escuridade, na sombra ou atribuídas a autores varóns.

A través dos números que edita Andaina, ao longo destes 35 anos, pódese seguir como evolucionou o feminismo, as diferentes tendencias que existiron e existen, os cambios de posicións nalgúns temas, así como as súas conquistas. A revista ten presenza tanto en Galicia como no resto do estado español, formando parte dos fondos de bibliotecas municipais e universidades galegas, do Consello da Cultura Galega, da Emakunde, da Biblioteca de Mujeres de Madrid, entre outros. No 2014 recibiu o Premio Luceira de Comunicación Social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies