займ срочно

O concello de Santiago oferta ´máis de cen cursos online gratuítos

0

Compostela, 16 de abril do 2020 – Como unha medida máis para combater a pandemia o concello de Santiago presentou onte unha oferta de máis de cen cursos gratuítos e online.

Estes cursos online contan con máis de 1.500 prazas para maiores de 16 anos censados na cidade. Están pensados tanto para persoas en paro como para ocupados que buscan aproveitar o confinamento para mellorar a súa preparación.

Os cursos forman parte do programa Talentia Summit’20. Están dentro do Plan para a reactivación económica posto en marcha polo Goberno municipal e a a inscrición está xa aberta na web de Talentia e o listado de cursos no seguinte enlace.

O concello de Santiago oferta ´máis de cen cursos online gratuítosInvestir en talento

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou que esta iniciativa ten dous lemas moi claros “Continúa coa túa formación ao máis alto nivel, inviste o teu tempo durante esta corentena no maior valor para o teu futuro profesional. Agora, máis que nunca, inviste no teu talento”. O rexedor animou á cidadanía a participar nestes cursos e a que “aproveiten esta oportunidade para mellorar a súa formación”. Neste sentido, indicou que “despois da crise, haberá grandes cambios, que pasarán pola innovación e as novas tecnoloxías, e debemos aproveitar para posicionarnos neste novo escenario económico”.

Na rolda de prensa participou o técnico responsable de Emprego, Xavier Ferreiro, que definiu este programa como “ambicioso” e reiterou o convite do alcalde á cidadanía para realizar algún destes cursos online. Tras o rexistro e as verificacións dos datos os alumnos terán acceso á plataforma.

Requisitos

Os únicos requisitos para ter acceso a esta formación son: ter como mínimo 16 anos de idade e estar rexistrado/a no Padrón Municipal de Habitantes de Santiago. Os cursos online están dirixidos a: persoas desempregadas, persoas traballadoras en ERTE, persoas empregadas en PEMES e persoas autónomas

Os cursos son totalmente gratuítos, xa que están financiados polo Concello de Santiago. Cada persoa poderá realizar un curso online ao mesmo tempo, e cando o remate, poderá realizar outro se o desexa, ata que se finalicen as prazas. A oferta componse de 100 cursos online de diferentes áreas profesionais, cun total de 1.500 prazas dispoñibles. Serán 4.700 horas de formación.

Os participantes terán acceso ao material mediante unha plataforma de formación online dispoñible as 24 horas do día todos os días da semana. Tamén disporán dunha titoría durante o horario laboral para a xestión de incidencias e control da progresión formativa. Recibirán un diploma acreditativo oficial ao completar satisfactoriamente o itinerario formativo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies