Curtocircuíto abre a recepción de filmes de cara a outubro

0

Compostela, 30 de xullo do 2020 – Compostela celebrará Curtocircuito do 3 ao 11 de outubro próximos e abre a convocatoria de filmes que aspiren a participar.

Trátase dunha convocatoria especial (aberta a través da web shortfilmdepot ) marcada polas circunstancias do Covid 19 e Curtocircuito a pechará o 10 de agosto, pouco máis de 10 días. A pandemia determina tamén o formato do Festival que será máis reducido e combinando programación online con eventos puntuais.

Curtocircuíto abre a recepción de filmes de cara a outubroA celebración de estes eventos presenciais quedará condicionada á situación sanitaria do momento. A organización amosa ademais a súa solidariedade con todos os eventos culturais que, polas circunstancias actuais, non puideron celebrarse tal e como estaba previsto.

Curtocircuíto abre a recepción de filmes de cara a outubroCurtocircuito chega en este ano tan especial á décimo sétima edición. Mantén as catro seccións competitivas tradicionais: Radar, Explora, Planeta GZ e Penínsulas, co obxectivo de preservar a esencia do evento. O Festival desvelará máis contidos da súa programación nas próximas semanas. Curtocircuito está organizado polo Concello de Santiago e conta co apoio da Deputación da Coruña, o Consorcio de Santiago e a AGADIC.

Curtocircuíto abre a recepción de filmes de cara a outubro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial