Joan Fontcuberta en Curtocircuíto

0

Compostela, 4 de outubro do 2019 – Unha das citas máis agardadas, unha clase maxistral de Joan Fontcuberta, chega a Curtocircuíto despois de que se esgotaran as prazas en poucas horas.

Joan Fontcuberta dará unha masterclass que xirará arredor do grao cero da escritura fotográfica para abordar cuestións como ‘de que están feitas as imaxes.

Ás 18h30 no Teatro Principal continuará a retrospectiva que o festival lle adica ao cineasta austríaco Peter Tscherkassky coa proxección dos filmes Freeze Frame, Parallel Space: Inter-View, Happy-End, Shot-Countershot, Coming Attractions, e Instructions for a Light and Sound Machine.

Joan FontcubertaA actividade no Salón Teatro dará inicio ás 18h00 co filme Carole Roussopoulos, une femme à la caméra, de Emmanuelle de Riedmatten. Ás 20h30 os cineastas Jiajie Yu (director de Xiao Xian), Chema García Ibarra e Ion de Sosa (Leyenda dorada) presentarán os seus filmes dentro da sección Penínsulas, na que tamén se proxectarán Suc de síndria, de Irene Moray, e Rarotonga, de Àlex Brendemühl.

A última das proxeccións do día será en Numax ás 22h00 con Rock Hudson Home Movies, de Mark Rappaport na sección Filmmakers x Filmmakers antes de dar comezo ao espectáculo live A/V de Vessel e Pedro Maia ás 22h30 na Sala Capitol. Os dous, que levan máis dun lustro colaborando, visitarán por primeira vez Galicia xuntos. Maia, que xa estivo no noso festival no 2016, é coñecido polo seu uso innovador de técnicas cinematográficas analóxicas e deseñou un acompañamento visual sublime para Queen of Golden Dogs (2018), último traballo de Vessel.

A noite péchaa o dúo compostelán Trifulca, formado por Carlos Gómez e Guillermo Cavero, ambos prolíficos artistas que formaron parte de bandas como Puma Pumku ou Vozzyow. Agora deixaron as guitarras a un lado e somerxeron as súas ambicións na música electrónica, o dark techno e o quakin bass.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial