займ срочно

Xoves de performance en Curtocircuito con RÜGA

0

Compostela, 3 de outubro do 2019 – Curtocircuíto acolle RÜGA, unha performance arredor da luz creada por Marta Verde, Artur M. Puga e Javier Martín.

RÜGA fusiona o corpo coa imaxe en movemento e a síntese modular. Un exercicio de improvisación. un estudo do ritmo e a luz creado en exclusiva para o festival. Esta performance poderá verse as dez e media no teatro Principal.

O resto da xornada

Curtocircuíto prepárase este xoves para afrontar a última xornada das sesións Teenage Riot e Criaturas, a programación que o festival artella para escolares de entre 6 e 18 anos.

Ás 12h00 en ABANCA Cervantes, o festival organiza xunto a Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema) un encontro xunto aos responsables de diferentes festivais de cinema en Galicia para conversar arredor do festival como un espazo de intersección entre as diferentes artes. Desde diferentes perspectivas e liñas de programación, este encontro está chamado a debater as estratexias, obxectivos e retos que os festivais de cinema enfrontan á hora de combinar diferentes disciplinas artísticas baixo unha liña programática.

Imaxe de rüga en curtocircuítoOs encontros continuarán ás 17h00 nese mesmo espazo cunha conversación informal entre catro fotógrafos galegos que, dunha forma ou doutra, alternaron o traballo fotográfico co audiovisual. Lúa Ribeira, terceira española da historia nomeada para ser membro da axencia Magnum; Nicolás Combarro, primeiro galego en ter unha exposición individual na Maison Européenne de la Photographie de París; Iván Nespereira, gañador do premio PhotoEspaña a Mellor Fotolibro Autoeditado 2018, e Nacho Alonso, probablemente o autor galego máis interesante da súa xeración e paradigma do artista á marxe dos circuítos de exhibición, dialogarán sobre os seus procesos, os seus medos e os seus achados.

As proxeccións do da Sección Competitiva Explora terán o seu inicio ás 18h30 no Teatro Principal con This Action Lies, de James N. Kienitz Wilkins; ALTIPLANO, de Malena Szlam; e La bala de Sandoval, de Jean-Jacques Martinod. Ademais, dende hai un lustro, Curtocircuíto mantén tamén un forte compromiso co cinema e a cultura portuguesa que se materializa en cada edición a través do programa Curmaos co apoio do Instituto Camões – Centro Cultural Portugués. Nesta edición, proxectaranse os filmes Rio Entre As Montanhas, de José Magro; Flutuar​, de Artur Serra Araújo; e Forlandia Malaise, de Susana de Sousa Dias.

Mantendo o carácter interdisciplinario do festival, o fotógrafo vigués Nacho Alonso progatonizará a sección Terra, adicada a autores e autoras galegos que contan xa cun universo creativo sólido ao longo de diferentes obras ou formatos. Con esta elección, o festival amosará ás 20h00 en Numax parte da obra de Alonso, que gravita entre a escuridade da noite e as sombras da  adicción.

Alén disto, o programa de Radar 4 que terá lugar ás 20h15 no Teatro Principal  contará coa presenza das cineastas Moin Hussain (directora de Naphta) e María Molina (directora de The Sasha). A xornada continuará no Salón Teatro ás 20h30 coa primeira das sesións de Penínsulas da man de La casa de Julio Iglesias, de Natalia Marín; con Maddi Barber presentando Urpean Lurra e o director Alejandro Pérez introducíndolle tamén Huile sur Vent ao público. Tamén se poderá ver unha escolma do traballo da cineasta Laura Huertas Millán (El laberinto, Aequador, Journey to a land otherwise known) ás 22h00 en Numax protagonizando a Sección Púlsar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies