A vangarda galega chega a Curtocircuito

0

Compostela, 30 de setembro do 2019 – Tras unha fin de semana protagonizada polos documentais do equipo LUPA chega a Curtocircuito a vangarda do audiovisual galego.

O luns comezará coas sesións destinadas aos escolares da cidade. Xa pola tarde, na sección oficial de Curtocircuito, entran a concurso na sección Explora: Vever (for Barbara) de Deborah Stratman; The Sound Drifts, de ​Stefano Canapa; Lore, de Sky Hopinka; Walled Unwalled; Lawrence Abu Hamdan; e ALGO-RHYTHM, de Manu Luksch, competindo en Explora.

Miryamn Bleu protagonizou a festa de inauguración de Curtocircuito

Miryamn Bleu protagonizou a festa de inauguración de Curtocircuito

Carole Roussopoulos

O luns trae tamén a sesión dedicada a cineasta suiza Carole Roussopoulos. Esta muller foi pioneira do movemento de liberación feminina e ao longo da súa traxectoria produciu máis de 150 documentais.

As  oito e media da tarde proxectánse SCUM manifesto 1967, Christiane et Monique LIP V e Y’a que’à pas baiser !.

Vangarda galega

Como peche de do día, ás 22h30 no Teatro Principal proxectaranse os filmes Joven y Carmen, de ​Borja Santomé; Rexistros (xeografía de San Sadurniño), de Adrián Canoura; Parpadeo, de Judith Adataberna; Analóxica, de Anxos Fazáns; Como desaparecer, de Carlos Martínez-Peñalver; e La jovencita no envejece, se descompone, de Álvaro F. Pulpeiro; todos dentro de Planeta GZ, a sección competitiva na que Curtocircuíto aglutina as obras que considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena cinematográfica galega.

O equipo LUPA protagonizou a fin de semana

O edificio Castromil  no curtocircuitoDespois da festa de inauguración do sábado, na que Miryam Bleu non deixou indiferente a ninguén co seu espectáculo, o domingo o traballo do compostelán equipo LUPA foi o protagonista.

A homenaxe a Euloxio Ruibal, impulsor de aqueles traballos audiovisuais contou coa presenza de algúns dos que o acompañaron en aquela aventura como Ana Antón O Xosé Ramón Pousa. Ruibal non se esqueceu de lembrar tamén a outros que xa non están como Roberto Vidal Bolaño. O cineasta explicou como a súa intención era conseguir un equipo de proxección co que percorrer os teleclubs de Galicia mostrando o seu traballo.

A curtometraxe Holocausto e os documentais sobre os Peliqueiros de Laza, a romaría do Corpiño, en Lalín, e a Rapa das Bestas de Candaoso, filmada en Viveiro, dou paso as últimas imaxes do edificio Castromil de Compostela.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial