займ срочно

Blixa Bargeld, Vessel e Trifulca no Curtocircuito 2019

0

Compostela, 6 de setembro do 2019 – O Festival Internacional de Cine Curtocircuito anuncia para esta edición a primeira visita en solitario a Galicia de Blixa Bargeld, figura imprescindible na música europea das últimas catro décadas.

Blixa Bargeld ofrecerá unha performance vocal en solitario o sábado 5 de outubro. A el sumaranse as performances live A/V do compositor e produtor inglés Vessel xunto ao cineasta portugués Pedro Maia; Ballistics, da canadense Myriam Bleau; RŪGA, colaboración entre a artista visual Marta Verde, Artur M. Puga e Javier Martín comisariada por Curtocircuíto; e o concerto de Trifulca.

Blixa Bargeld, figura esencial da música europea nos últimos 40 anos

Blixa Bargeld

Blixa Bargeld

Blixa Bargeld (Berlín Occidental, 1959) é guitarrista, compositor, intérprete, actor e poeta. En 1980 fundou o grupo pioneiro de música industrial Einstürzende Neubauten, do que segue sendo líder e  vocalista. Ademais, de 1984 a 2003, foi guitarrista e vocalista da lendaria banda Nick Cave & the Bad Seeds. Nos últimos anos traballou xunto ao enxeñeiro de son de Einstürzende, Boris Wilsdorf, nunha serie de experimentacións vocais, como a que presentará en Curtocircuíto.

No espectáculo que traerá a Compostela, Bargeld cuestionará a concepción habitual de termos como ‘fala’,  ‘son’ e ‘música’. O público presenciará como a súa característica voz se transforma para crear da nada estruturas acústicas, atmosferas sonoras e estrañas cacofónicas sen empregar samples nin pistas pregravadas. Todo será creado en directo no escenario.

Explorando a relación entre imaxe, luz e movemento

Trifulca

Trifulca

A compositora e artista dixital Myriam Bleau viaxará dende Canadá para presentar o seu espectáculo Ballistics na sesión inaugural , que se celebrará o próximo 28 de setembro na Sala Capitol. Nesta performance audiovisual empregará péndulos luminosos equipados con sensores de movemento para crear paisaxes e ritmos desiguais. Bleau, ten presentado os seus traballos en festivais como Ars Electronica (AT), Sónar (ES), Sonic Arts Award (IT), Mutek (MX), Transmediale (DE), ACT (KR), LEV (ES), Scopitone (FR), etc.

O tándem formado por Vessel e o cineasta portugués afincado en Berlín Pedro Maia, que levan máis dun lustro colaborando, visitará tamén por primeira vez Galicia. Maia, coñecido polo seu uso innovador de técnicas cinematográficas analóxicas, deseñou un acompañamento visual perfecto para Queen of Golden Dogs (2018), último traballo de Vessel. O espectáculo terá lugar o venres 4 de outubro na Sala Capitol.

Arredor da luz e o movemento tamén proporán a súa obra a artista visual Marta Verde, o creador sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo e investigador Javier Martín, tres artistas galegos que son presente e futuro da nosa escena. En RŪGA, un espectáculo creado en exclusiva para o festival, os tres fusionarán o corpo coa imaxe en movemento e a síntese modular, todo iso articulado a través da improvisación, a retroalimentación e o estudo do ritmo e da luz en tempo real. Será no Teatro Principal o xoves 3 de outubro.

Vesseil

Vesseil

O programa musical péchao o dúo compostelán Trifulca, formado por Carlos Gómez e Guillermo Cavero, ambos prolíficos artistas que formaron parte de bandas como Puma Pumku ou Vozzyow. Agora deixaron as guitarras a un lado e somerxeron as súas ambicións na música electrónica, o dark techno e o quakin bass.

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que fará públicos os horarios e porá á venta as entradas destes espectáculos nas próximas xornadas, está organizado polo Concello de Santiago, e financiado, entre outros, pola Deputación de A Coruña, AGADIC e o ICAA.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies