займ срочно

Debate aberto sobre a ampliación das terrazas da hostalería

0

Compostela, 5 de maio do 2020 – A ampliación das terrazas da hostalería colócase no centro do debate das medidas de recuperación de este sector.

A Asociación de Hostalería de Compostela ven de emitir un comunicado no que solicita a creación dunha comisión específica entre Concello e sector que se constitúa na maior brevidade posible e debata, entre outros temas, esa ampliación das terrazas.

O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, informaba na rolda de prensa posterior que estudaran caso por caso xa que hai que preservar os dereitos dos viandantes

Unha recuperación inviable

A Asociación de Hostalaría de Compostela valora positivamente a decisión do Goberno central de ampliar dun 30 a un 50% a capacidade das terrazas de bares e restaurantes cando comece a fase 1 do desescalado, o vindeiro 11 de maio.

Sen embargo, considera que todavía segue sendo inviablem economicamente para os negocios da cidade. Tamén consideran que hai que ter en conta que moitos locais nin sequera contan con terrazas.

Reclama que, mentres se manteñan a limitación de capacidade dos locais e as medidas de seguridade que establezan maior separación entre persoas, se estuden solucións que flexibilicen a normativa de terrazas para minguar o impacto e solicitan a creación da mencionada Comisión

Incluír ás PEMES

Hostalaría Compostela lamenta que nas tres convocatorias de axudas do Concello ao pequeno comercio presentadas a semana pasada cun crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros, non se teñan en conta ás PEMES (empresas que están entre os 10 e os 50 traballadores).

O plan municipal contempla o pago de xuros de préstamos e liquidacións de pólizas de crédito a micropemes, é dicir, aquelas empresas que ocupen a menos de dez persoas. “O problema

é que unha gran parte do sector da hostalaría na nosa cidade conta con máis traballadores, co cal non poderían optar a elas”, sinalan.

Por outra banda, despois de analizar as convocatorias de axudas presentadas ata o de agora polo Goberno local, a Asociación Hostalaría Compostela considera que o Concello debería ter en conta o peso específico do sector na cidade (que se estima representa o 20% do PIB) e, ao igual que co pequeno comercio, incluír preferencialmente aos bares, restaurantes, hoteis e pensións na súa liña de axudas directas aos afectados polo cese de actividade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies