Compostela dedica máis de 800.000 € a reforma de Batalla de Clavijo e no parque da Praza da Constitución

0

Compostela, 11 de agosto do 2018 – A Xunta de Goberno local de Santiago aproba a licitación da reforma da rúa Batalla de Clavijo, unha das máis demandadas pola veciñanza, e no parque da Praza da Constitución.

No caso de Batalla de Clavijo e da escalinata de Bispo Teodomiro, trátase dunha primeira fase que será financiada con cargo aos fondos europeos do programa ReVive Edusi-Santiago e que ten un orzamento de licitación de preto de 527.000 euros. A actuación afectará a unha superficie de case 2.600 metros cadrados e ten un prazo de execución de 6 meses. A rúa Puente la Reina e as escalinatas de Cebreiro e Raíña Lupa quedarían incluídas da Fase II da actuación, e en este caso sería con fondos propios.

Unha praza da Constitución máis compartida

O segundo inicio de licitación correspóndese con outra demanda histórica da veciñanza, sobre todo da mocidade de Compostela. Trátase da obra de reforma do parque infantil da praza da Constitución, que levará aparellado o deseño de novas pistas de skate. A actuación ten o obxectivo de xerar espazos que poidan ser utilizados polos diferentes usuarios e usuarias, mellorando a convivencia neste punto da cidade. As actuacións comprenden o arranxo do mobiliario existente, a construción dunha “skatepraza” no paseo que comunica a praza da Constitución coa praza do Miradoiro, retirando os bancos actuais por uns novos que sirvan como obstáculo para a práctica deste deporte. Tamén se mellorará a accesibilidade e adaptaranse as escaleiras de acceso dende Ramón Piñeiro. A actuación conta cun orzamento de case 350.000 euros e ten un prazo de execución de catro meses.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies