займ срочно

Denuncian erros no último informe sobre as listas de agarda do CHUS

0

Compostela, 28 de agosto do 2019 – A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Galicia ven de poñer en cuestión o informe da consellaría de Sanidade sobre as listas de agarda no Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS).

Según explican desde a Asociación non se pode afirmar, como se di no informe, que “son os mellores resultados dos últimos 20 anos”. Según este colectivo cando se analizan polo miúdo as conclusións vese que a situación das listas de agarda non mellorou e que a media de días  incluso subiu en moitas das especialidades.

Datos concretos

A Asociación informa das seguintes lagoas no informe da Consellería:

1.- Aumento da espera en probas de diagnóstico por imaxe e aumento da opacidade na información en probas oncolóxicas:

– Incremento da espera nalgunhas probas diagnósticas con gran impacto para a saúde como o TAC (38,6%) ou a Eco torácica (164,3%) ou Eco de mama (12,4%).

– Desaparecen do cómputo da lista de espera de probas como o PET, SPECT e Rastreo Gammagráfico e a maioría das probas de Medicina Nuclear (excepto as Gammagrafías), sen informar  e si se seguen realizando ou non e dos motivos para non informar sobre as mesmas.

2.- Producíronse incrementos importantes nas listas de primeiras consultas en numerosas especialidades :

– Aínda que a espera media mantívose practicamente igual que hai un ano (incrementouse en 0,2 días), a espera media incrementouse no 50% das especialidades (15 das 30 existente).

– Estes incrementos son especialmente moi importantes en Obstetricia (218,6%, Cirurxía maxilofacial ( 74,4%), Cardioloxía ( 53%), Cirurxía torácica (51%) e Medicina Interna ( 49%), algo que debería ser obxecto de estudo e explicación. Hai incrementos importantes en Dermatoloxía (31%); Nefroloxía (26,6%); Neuroloxía ( 41,1%); ); Alergoloxía (14,5%) ou Endocrino ( 17,4%) e así, ata 15 especialidades.

3.- A espera cirúrxica experimentou un forte incremento:

– Aínda que o SERGAS informa de que descendeu… a realidade é que o tempo da espera media cirúrxica creceu no 60%: en 8 das 14 especialidades cirúrxicas .

– Creceu tamén a espera media para as cirurxías de prioridade 1 e 2 (as máis urxentes e prioritarias, especialmente a de prioridade 1). A cirurxía de prioridade 1 incrementou a espera media (de 11,4 a 13,2 días) e a Cirurxía de prioridade 2 tamén incrementou a espera media (de 52,4 días a 54,4 días).

4.- É destacable o aumento da espera  media para a asistencia sanitaria á muller (Eco de Mama, Obstetricia ou  Xinecoloxía).

A Asociación

Defensa da Sanidade é unha Asociación formada por profesionais do ámbito sanitario (médicos, enfermeiras, auxiliares, administrativos, psicólogos, traballadores sociais, etc.). Está integrada nunha Federación a nivel nacional declarada de utilidade pública e que leva 35 anos traballando pola mellora do sistema sanitario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies