займ срочно

O Premio Ksado de Fotografía no Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 16 de xaneiro do 2020 – O Museo do Pobo Galego é a primeira parada da exposición Premio Ksado de Fotografía organizada pola Deputación da Coruña.

A mostra inaugurase esta tarde, a partir das sete, e recolle as obras gañadoras e as finalistas do XIV Premio Ksado de fotografía que promove o ente provincial.

Premio Ksado de FotografíaA colección “Fillos de Breogán” do lugués Alejandro Real e “Gangborder” de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Santiago até o vindeiro 18 de febreiro nunha itinerancia que visitará nove concellos máis da Coruña: Pontedeume, Rianxo, Narón, Melide, Arteixo, Culleredo, A Laracha, San Sadurniño e A Pobra do Caramiñal  

“A vontade da Deputación da Coruña é contribuír á difusión das obras gañadoras dos nosos premios culturais e, neste sentido, a itinerancia da exposición do Premio Ksado permitirá que moito máis público coñeza as obras premiadas e tamén se mostren en concellos pequenos, con máis dificultade para a programación cultural de artes plásticas”, sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Premio Ksado de FotografíaDa colección de Alejandro Real, “Fillos de Breogán”, o xurado destacou que se trata dunha “serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado”

En canto “Gangborder” de Javier Arcenillas, trátase, segundo o xurado, “dunha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido”.

Alejandro Real naceu en Lugo en 1983. Os seus comezos na fotografía datan do 2008 de forma autodidacta aínda que logo completa a súa formación como Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. Gañou premios como o do Maratón fotográfico do campus de Lugo, o Concurso de relato fotográfico Dra. Susana Santeiro ou o concurso Findecurta. Os seus comezos foron na fotografía dixital, mais pronto empeza a se interesar pola fotografía clásica, traballando na actualidade en grande formato analóxico.

inauguración Premio Ksado de FotografíaJavier Arcenillas naceu en 1973 en Salamanca e, como fotoxornalista, desenvolve ensaios humanitarios en que os protagonistas están integrados en sociedades que limitan e agreden toda razón e dereito. Gañou importantes premios internacionais, como o Arts Press Award, Kodak Joung Photographer, Euro Press de Fujifilm, Terceiro premio FotoPres, Luís Ksado, Poyi, Eugene Smith Grant ou World Press Photo. As súas reportaxes máis completas pódense ver en publicacións coma Time, Spiegel, Stern, Lens El Periódico de Guatemala, El País, El Mundo, Sunday Times, Gatopardo ou IL Magazine. Ten catro libros publicados como “City Hope”, “Welcome”, “Sicarios” “UFOpresences”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies