A Deputación mellorará a seguridade viaria de Bando e Laraño, en Santiago de Compostela

0

Compostela, 22 de xuño do 2020 – A Deputación da Coruña mellorará a seguridade viaria na Rúa Santa Teresa de Jornet, na parroquia de Bando, e na estrada de Bugallido á Barcia e rúa Cruz de Outenin, na parroquia de Laraño (Santiago de Compostela).

Os proxectos en Compostela, que están en fase de licitación, contarán cun orzamento total de 386.933,34 € con cargo ao Plan Único da Deputación e permitirán a construción dunha senda peonil e a ampliación doutra, así como a mellora e renovación das vías mencionadas.

Bando

A primeira obra consistirá na mellora e reforzo do pavimento da calzada da rúa Santa Teresa de Jornet no tramo que vai desde a N-634 ata a residencia de persoas maiores de San Marcos, na parroquia de Bando. Con esta actuación previrase o deterioro da vía, pola que circulan de xeito cotiá vehículos pesados. Tamén se realizará unha rehabilitación das cunetas da estrada, que son actualmente moi profundas, dificultando a circulación e poñendo en risco a seguridade dos vehículos e peóns na zona. Para dar solución, executarase unha cuneta revestida transitable nunha das marxes cun ancho de 1 metro, en cuxos accesos ás propiedades adxacentes se executará unha canaleta que permitirá darlle continuidade á recollida de pluviais.

A Deputación mellorará a seguridade viaria de Bando e Laraño, en Santiago de CompostelaOutra das melloras será a construción dunha senda peonil na marxe oeste da vía, que terá 2 metros de anchura, con estreitamentos puntuais de 1,5 m como máximo. Disporá dunha capa superior de formigón e baixo ela instalarase unha tubaxe de PVC para a canalización de pluviais. Tamén se executarán imbornais para levar a cabo a recollida de ditas augas.

Dentro desta actuación, incluirase a soterramento da liña eléctrica ao longo do tramo. A iniciativa contará cun investimento de 219.106,27 euros a cargo do Plan Único da Deputación e contará cun prazo de execución de 4 meses.

Laraño

Na parroquia de Laraño a Deputación acondicionará a estrada de Bugallido á Barcia. O tramo sinalado conta actualmente con fochancas e profundas cunetas. Para solucionalo e garantir unha mellor seguridade, realizarase un rebacheo cunha posterior capa de mestura bituminosa en quente. Á súa vez, na rúa Cruz de Outenin construirase unha senda peonil que dea continuidade á existente ata a entrada do centro cívico LSC Laraño, co obxectivo de garantir a seguridade dos peóns.

A senda contará cunha capa de formigón baixo a que se situará unha tubaxe de drenaxe PVC e a canalización da iluminación pública. Tamén se instalarán arquetas e sumidoiros para a recollida de pluviais. A actuación conta cun investimento de 167.827,07 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial