Deputación e USC traballa xuntos na procura dun tratamentos para a Covid-19

0

Compostela, 26 de xuño do 2020 –  A visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC por parte do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, serviu para evidenciar o apoio desta institución á investigación desenvolvida na Universidade, en xeral, e na loita contra a COVID-19, en particular.

O presidente da Deputación entregou este xoves á USC un talón con 13.558 euros doados polo persoal e a corporación da Deputación durante o confinamento para contribuír á investigación da vacina. Os membros da corporación, así como as persoas que integran o cadro de persoal da Deputación, poden efectuar doazóns á USC a través da plataforma de micromecenazgo ´Sumo Valor´. Esta liña específica de colaboración carece de data de caducidade.

Deputación e USC traballa xuntos na procura dun tratamentos para a Covid-19O reitor Antonio López, xunto co director e subdirectora deste centro singular da USC, Carlos Diéguez e Mabel Loza, acompañaron ao presidente da Deputación da Coruña na súa visita ao CiMUS. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, tamén tomaron parte no periplo. González Formoso destacou a necesidade de “dotar de recursos adecuados a centros coma este, que son unha referencia no seu ámbito e que teñen claramente un retorno social importante”. Neste senso, subliñou que “un país que queira ser avanzado, que queira ter un lugar no mundo, ten que investir en investigación” e agradeceu o traballo que levan a cabo nos distintos centros investigadores da USC na procura de vacinas e terapias efectivas para tratar a Covid-19. No mesmo aspecto incidiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que declarou que “para Santiago e para Galicia é un orgullo contar con centros coma este. O CiMUS é unha referencia en España e en Europa en biotecnoloxía”, apuntou o rexedor.

Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López, agradeceu a colaboración da Deputación e destacou que o 70% da investigación realízase nas universidades. “En momentos coma este, a investigación é unha peza clave”, sostivo o reitor, que destacou que na USC “poñemos o mellor de nós”, mantendo estudos de gran relevancia a nivel nacional e internacional. Antonio López explicou tamén que a USC puxo en marcha unha canle de micromecenado “para que as persoas podan involucrarse coas investigacións”. Con esta fórmula, os doantes recuperan na declaración da renda o 100% das pequenas cantidades coas que apoian proxectos de investigación científica. “O obxectivo é recibir recursos que agradecemos moito, pero tamén crear vínculos coa sociedade”, explicou o reiton.

Deputación e USC traballa xuntos na procura dun tratamentos para a Covid-19‘Sumo Valor’

A USC puxo en marcha en novembro de 2019 o programa de micromecenado USC Sumo Valor co obxecto de crear un espazo de encontro que implique a empresas, institucións e sociedade nas actividades, proxectos e servizos que desenvolve a Universidade. Esta iniciativa constitúe un “vínculo activo coa USC e un instrumento que reforza a nosa conexión coa sociedade”, explicou o reitor Antonio López no acto de presentación da campaña. “Esta captación de fondos destinarase a investigacións en distintos eidos, dende as Ciencias, Enxeñarías e Ciencias da Saúde, ata as Ciencias Sociais e Xurídicas”, explica o vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo. A plataforma abriu no mes de abril unha nova liña destinada a acelerar o proceso de investigación contra a COVID-19. Dende entón, máis dun centenar de particulares, institucións e empresas de moi diversa índole quixeron tomar parte nesta iniciativa.

Desenvolver e avaliar en estudos preclínicos unha nova vacina baseada en ARNm contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus é o fin último do proxecto de investigación no que traballa o laboratorio que lidera a catedrática da USC e investigadora no CiMUS, María José Alonso, e que tamén recibe fondos procedentes de ‘Sumo Valor’. O obxectivo é producir un vehículo sintético baseado en biomateriais inocuos e capaz de transportar o ARNm ao interior das células dianas, de modo que logre a produción do  antíxeno no organismo humano.

Alén do CiMUS, outros investigadores están a traballar tamén na loita contra a COVID-19 dende diversas perspectivas. Os fondos captados a través de ‘Sumo Valor’ están a servir como fonte de financiamento para dous proxectos desenvolvidos co Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica (CiQUS). Por unha banda, o profesor Javier Montenegro é o investigador principal dun proxecto que prepara vectores peptídicos para o transporte de ARN mensaxeiro de potencial aplicación en vacinas; pola outra, o grupo que dirixe o profesor José Martínez Costas traballa dende abril no desenvolvemento dunha vacina fronte á COVID-19 en base a unha nova metodoloxía, desenvolta no propio centro e patentada pola USC, que permite resultados en marxes de tempo reducidos e a baixo custo. Esta investigación está a piques de iniciar probas preclínicas en animais.

Deputación e USC traballa xuntos na procura dun tratamentos para a Covid-19O catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira, é o investigador principal do proxecto ‘Predico’ sobre modelos de predición dinámica sobre escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo. O obxectivo deste proxecto tamén financiado pola campaña de micromecenado da USC, é o de predicir a evolución da expansión e incidencia da enfermidade. Este equipo de investigadores logrou predicir cando se ía producir o pico da pandemia. A cartografía de risco coordinada polo profesor Ángel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVID-19, con que factores territoriais están relacionados e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación. ‘Sumo valor’ toma tamén parte na elaboración deste mapa actualizable que permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio. Desde a USC coordinase asemade unha investigación internacional dirixida polo catedrático Anxo Carracedo que estuda cales son os determinantes xenéticos e biomarcadores xenómicos  de risco que podan predispor a algunhas persoas a sufrir unha infección a causa do virus SARS-CoV-2 máis grave.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial