Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela

0

Compostela, 26 de febreiro do 2020 – A carroza “Mad Max” e a comparsa “Vikings Conxo” gañan o concurso do desfile do Entroido de Compostela.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaA cidade viviu o día grande do Entroido co tradicional desfile polas rúas do ensanche. Os participantes concentráronse na avenida de Ferrol desde donde cruzaron a zona nova ata a avenida de Xoán Carlos I. Este ano destacou a participación dos barrios e parroquias coas súas diversas comparsas. A entrega de premios celebrouse na Sala Capitol, coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e doutros integrantes da Corporación.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaA triunfadora da noite na modalidade de carrozas foi a denominada “Mad Max”, que levou o premio de 3.000 euros. Segunda e terceira clasificadas quedaron “O Imperio de Nefertiti” e “Peter! Voamos”, que levaron, respectivamente, 2.000 e 1.000 euros.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaNa categoría de comparsas, o xurado elixiu como gañadora a titulada “Vikings Conxo”, que recibiu un galardón de 2.500 euros. “Fadas e grilos”, e “Dando luz ao Carnaval” quedaron en segundo e terceiro lugar, levando 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaTamén recibiron premios especiais as mellores comparsas dos barrios e parroquias de Santiago de Compostela, que se fixeron con 1.000, 800 e 600 euros como agasallo. As triunfadoras foron, por esta orde, “As froitas da Ruliña”, “O cambio climático” e “Éche o que hai”.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaO xurado elixiu a “Viaxando ao Entroido”, “Tormenta anunciada” e “Pokemon” como os mellores grupos caracterizados. Para eles foron os premios de 800, 400 e 200 euros.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de CompostelaA parella máis orixinal foi a denominada “Manter vivos os recordos”, que recibiu un premio de 400 euros. Finalmente, os mellores disfraces individuais foron “O trasgo e o seu bebé dragón”, “O dragón máxico de reciclaxe” e “Luces, cámara, acción”, premiados con 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Queima do Meco

O Entroido 2020 remata este mércores co acompañamento do Meco dende o Toural ata a praza Roxa, onde arderá despois dun percorrido cunha comitiva de loito e co acompañamento musical da Ruliña de Laraño, Os Armatroulas e a Charanga BB+.

Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela Mad Max e Vikings Conxo gañan no Entroido de Compostela

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial