Esta semana celébrase o Día das bibliotecas

0

Compostela, 23 de outubro do 2019 – As bibliotecas de Compostela, xunto co resto das de Galicia, celebran esta semana o Día das bibliotecas cunha chea de actividades.

O Día das Bibliotecas celébrase este xoves 24, con este motivo a Biblioteca de Galicia inaugura a mostra Querida Biblioteca, na que se difundirá o valor estético e documental das tarxetas postais, un material do que se custodian neste centro da Cidade da Cultura máis de 3.000 exemplares, moitos deles impresos antes do ano 1958, data de entrada en vigor da normativa de depósito legal.

Día das bibliotecasAdemais desta exposición, a Biblioteca de Galicia completará a programación para a conmemoración desta data cunha visita guiada polas instalacións que terá lugar ese mesmo día, ás 12,00 horas, e co agasallo de libros en galego para todos os tramos de idade.

Biblioteca Ánxel Casal

Na Biblioteca Pública Ánxel Casal, celebrarase no salón de actos un obradoiro de iniciación á maxia, que culminará cunha gala final na que a rapazada poderá demostrar todo o aprendido. Esta gala terá lugar o sábado 26, ás 12,00 horas, e o acceso ao publico é gratuíto ata completar a capacidade da sala.

Día das bibliotecasO xoves está tamén prevista unha visita guiada (12,00 horas), a entrega de lotes de libros aos usuarios adultos e infantís que levaron o maior número de títulos en préstamo ao longo de todo o ano e o espectáculo familiar Fantasía musical (18,30 horas), no que se creará unha peza musical para cada letra do abecedario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial