займ срочно

Compostela di non a trata de seres humanos

0

Compostela, 18 de outubro do 2019 – Hoxe é o “Día europeo contra a trata” e o concello de Santiago preparou unha campaña de sensibilización co fin de visibilizar e facer reflexionar sobre este problema.

A concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, presentou a campaña de concienciación contra trata que se materializará coa colocación dunha carpa informativa na Praza do Toural. Díaz explicaba que “Combater a trata de seres humanos é unha prioridade para o goberno local. Diante da forma máis habitual da trata, a explotación sexual, que afecta sobre todo a nenas e a mulleres o Concello de Santiago non pode permanecer alleo”.

Día europeo contra a trataUn dos lemas da campaña, “Se mercas sexo non vales nada”, busca en palabras da concelleira “facer un chamamento á cidadanía para que se conciencie desta forma de escravitude que atenta contra os dereitos máis básicos das persoas”. Porque, engade, “a explotación sexual é iso, explotación: explotación da liberdade, explotación da dignidade, explotación dos corpos das outras, explotación da integridade física, da seguridade…”. O obxectivo desta acción é que a cidadanía de Santiago reflexione sobre unha cuestión que “nos afecta de cerca, aínda que non o vexamos, por ser unha problemática que estivo e está moi invisibilizada”.

Segundo a Oficina contra a droga e o crime de Nacións Unidas, a trata afecta a máis de 24.000.000 de persoas en todo o mundo. É xunto co tráfico de drogas e de armas, o terceiro negocio máis lucrativo do planeta.

Carpa informativa

A capa informativa permanecerá na Praza do Toural desde as dez da mañá ata as oito da tarde. Teresa Furelos, responsable do servizo de Igualdade, sinalou que se convidará “a homes, mulleres, nenos e nenas a prender unha etiqueta na roupa, simulando ser un produto, que pode ser vendido por uns, e adquiridos por outros”. Hai varias etiquetas con distintas mensaxes, denunciando en que consiste a trata de persoas.

Na carpa tamén se colocará material informativo sobre a trata de persoas, e informarase aos que se acheguen sobre o que se está facendo desde o Concello a través do CIM, o Centro de Información á Muller, no que se atende a familias, mulleres e nenos. Segundo as cifras ofrecidas por Teresa Furelos, o ano pasado, a través dun convenio do Concello con Cáritas-Vagalume, atendéronse 51 mulleres vítimas de explotación sexual, a maioría entre 25 e 30 anos. 35 delas, sinalou, “encamiñámolas cara o abandono da explotación sexual”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies