Día Europeo da Música en Compostela

0

Compostela, 18 de xuño do 2020 – O concello de Santiago de Compostela celebrará este próximo domingo o Día Europeo da Música con concertos en rúas e prazas da cidade.

Compostela presenta o lema “Música para camiñantes” que fai referencias as distintas actuación que o que pasee pola cidade poderá disfrutar o domingo. Desde a concelleira destacan a actividade como un xeito de recuperar a actividade cultural.

Día Europeo da Música en CompostelaA Banda Municipal e Ultreia son dúas das formacións que actuarán o domingo en Compostela. A Banda na Praza Roxa e Ultreia como unha das formacións de música tradicional que ocuparán as rúas.

O vídeo da rolda de prensa pode verse aquí

O Programa

De 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 h, Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia divídense en pequenas formacións para tocar en Concheiros, San Pedro, Basquiños, zona vella, praza de Galicia, Ensanche e Romero Donallo.

Ao mediodía (12:00 h), o grupo de clarinetes da Banda Municipal ofrecerá un concerto na praza Roxa, con obras de Mozart, Grundman, H. Mancini, B. Goodman, S. Joplin e G. Baudot. Unha hora despois (13:00 h), tomará o relevo o grupo de saxofóns na praza das Praterías, cunha actuación titulada “Música entre danzas”, na que os/as músicos/as interpretarán obras de C. Debussy, D. Shostakovich, L. Florenzo, A. Piazzola, P. Iturralde e G. Miller.

Xa pola tarde, cambio de estilo e de escenario. Ás 18:00 h, o parque Eugenio Granell (xardín ornamental do parque Novo Milenio) acolle a actuación ao piano de Aida Saco. E ás 18:45, concerto de Ton Risco ao vibráfono na praza das Pontes do Sar.

A praza Roxa (cruceiro do Agro de Ramírez) será o lugar onde, ás 19:30 h, as voces femininas do coro Sisters in the House deleitarán ao público co seu innovador e premiado espectáculo. O Día Europeo da Música pecharase a ritmo de jazz na rúa de San Clemente, coa actuación ás 20:15 h de Gerson Tineo Trío.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial