займ срочно

A Compostela dos anos 20 na memoria de Granell, nova exposición na súa Fundación

0

Compostela, 23 de abril do 2018 – A Fundación Granell inaugura este martes, 24 de abril, ás 20:00 horas, as exposicións Granell, principios años 20 e La Simplicidad y lo justo en el collage de Amparo comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora da Fundación.

Granell, principios años 20 é unha exposición na que se acompaña ao artista pola ruta que describe no seu libro Memorias de Compostela. Comezando no número 6 da rúa Calderería, recorre as rúas do Santiago que coñeceu na súa infancia. A mostra componse de postais e fotografías que representan eses lugares que el recordaba. Igualmente, complétase con fotografías das persoas que menciona no libro, como o violinista Quiroga, Carlos Maside, Manuel Antonio, Pablo Bescansa, García Sabell e Pumariño. A ruta non finaliza en Santiago, senón que se continúa ata Coruña, onde vivía a familia Granell. A exposición é unha inmersión na Galicia e o Madrid das décadas de 1912 e os anos 30, esa época prometedora que rematou dramaticamente coa sublevación y la guerra.

La Simplicidad y lo justo en el collage de Amparo é unha mostra de colaxes na que se expoñen as obras máis minimalistas de Amparo Segarra onde atopamos unha aparente ausencia de narración que nos reta a interpretar o seu significado. Ademais, está acompañada por colaxes  de Eugenio Granell, Philip West, un conxunto de artistas chilenos (Konrad Zeller, Alex Januario, Ludwig Zeller e Rodrigo Verdugo) e de outras nacionalidades  (Artur Cruzeiro, Alex Weiss, Enrique Carlón, Gregg Simpson, Xesús Carballido, Kenneth Cox, Anne Ethuin e G. Bruno). Esta exposición está estreitamente relacionada coa mostra de Magdalena Benavente, Venus en el despeñadero (Inspirado no  poema “Venus en el pudridero” de Eduardo Anguita) que pode visitarse actualmente na Fundación Granell. Ademais, na mesma sala ofréceselles ós visitantes a posibilidade de crear os  seus propios colaxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies