Campaña de crowdfunding de Down Galicia

0

Compostela, 16 de xullo do 2020 – A Federación Down Galicia acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding co obxectivo de obter fondos para adquirir equipamento tecnolóxico.

O principal obxectivo da campaña de Down Galicia é intentar reducir a situación de fenda dixital na que se atopan moitas das súas persoas usuarias. Búscase crear un banco de recursos para o préstamo temporal de equipos.

Coa iniciativa facilitarase aos usuarios máis vulnerables o acceso aos servizos que, desde o peche das entidades Down por mor da crise sanitaria derivada do COVID-19, se prestan a distancia.

Os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse á compra de tablets, computadores, teléfonos móbiles, Campaña de crowdfunding de Down Galiciaaltofalantes-micrófonos e conexións a Internet que poidan mellorar esta situación.

Nos últimos meses, a fenda dixital existente fíxose máis evidente e un gran número de persoas usuarias dos servizos da Federación e das súas entidades non puideron continuar recibindo sesións de apoio durante este tempo, chegando nalgúns casos a evidenciar un retroceso na súa capacidade cognitiva.

A campaña atópase activa na plataforma GoFundMe, de forma que calquera persoa que o desexe poderá realizar a súa achega a través desta páxina. Neste sentido, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, indicou que “buscamos a solidariedade de aquelas persoas que desexan axudarnos a eliminar a fenda dixital na que se atopan as persoas con discapacidade, asegurando deste xeito maiores cotas de inclusión na sociedade para o colectivo”.

A Federación Down Galicia crece cada ano en número de persoas usuarias, e “iniciativas como esta permítenlle seguir traballando para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poidan estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade” asegurou Delmiro Prieto antes do lanzamento da campaña.

Crowdfunding é o termo inglés para referirse a financiamento colectivo, mediante o que un proxecto determinado consegue a cantidade necesaria para ser levado a cabo a través de pequenas achegas de diñeiro por parte de moitas persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial