Compostela e o Club Fontiñas celebran a XV Andaina dos 50Km

0

Compostela, 24 de abril do 2019 – A Andaina dos 50 quilómetros de Compostela chega a súa decimo quinta edición o que a converte nunha das máis lonxevas da bisbarra.

Ata o 2 de maio están abertas as inscricións para esta proba que se disputará o sábado día 4. A saída está prevista para as 9 de mañá e cun prazo máximo de 12 horas para completar o percorrido.  A Andaina dos 50 KM de Santiago está  incluída na Copa de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

A concelleira de deportes, Noa Morales, e o responsable da sección de Montañismo do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, foron os encargados de presentar esta edición. En palabras da concelleira “Esta andaina ofrécenos unha ocasión única para gozar das paraxes máis atractivas do entorno da nosa cidade e permite fomentar o deporte moderado”.

SONY DSC

O recorrido reproduce practicamente o trazado do pasado ano no seu primeiro bucle, conservándose os pasos tradicionais máis atractivos (Sarela, Gatofero, Tambre, Pedroso), pero incorpora un novo trazado nos últimos 20 km por mor das novas vías resultantes das obras na autopista. Mantense como punto de saída a praza Europa, que será tamén o punto de cruce dos dous bucles que compoñen a andaina. O primeiro deles parte de Área Central e dende o parque de Vite segue a Guadalupe, Romaño, río Sarela, Bargo, río Gatofero, Grixoa, río Tambre, Aradas, Pardaces, Monte Pío, parques de Galeras, Finca Simeón, Auditorio de Galicia e Vite, finalizando en Área Central. O segundo bucle pasa por Pontepedriña, río Sar, Santas Mariñas, Angrois, Santa Lucía, Aríns, Bando e Monto do Gozo, entrando en Santiago polo Camiño Francés e rematando novamente en Fontiñas (Área Central).

Haberá puntos de avituallamento de bebida, froita e froitos secos cada 10 km, e nos km 20 e 30 tamén bocadillos. Os/as participantes poden completar o recorrido, sinalizado en todos os seus tramos, ou ben abandonalo en calquera punto intermedio, para o que estarán previstos medios de recollida e traslado á saída; sen prexuízo das numerosas liñas de autobuses urbanos próximas ao percorrido. Como se vén facendo dende hai varios anos, existe a posibilidade de facer soamente o segundo bucle, con saída controlada ás 15:30 h, dende Área Central.

O prazo para inscribirse nesta andaina finaliza o 2 de maio. Os datos da proba, inscricións, datas, etc. poden consultarse na web da Andaina, no teléfono 981 577 928 ou no enderezo de correo electrónico andaina50kmsantiago@gmail.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial