Compostela comezará a usar os  fondos EDUSI en mobilidade e igualdade

0

Compostela, 12 de agosto do 2017 – Compostela acordou remitir ao Ministerio de Facenda a documentación complementaria sobre dous dos proxectos que se financiarán con cargo á Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integral, EDUSI, o Plan de igualdade e o de mobilidade.

María Rozas, alcaldesa en funcións, explicou que o de igualdade ten un orzamento de 100.000 euros mentres que o de mobilidade ten asignados 200.000 €. María Rozas dixo tamén que “O envío desta documentación é necesario para que o Ministerio comprobe que se cumpren os requisitos e autorice o desenvolvemento do proxecto”. A EDUSI supón para Santiago cinco millóns de euros dos que estés serán os primeiros que se usen.

Fomento do emprego

María Rozas

María Rozas

A Xunta de Goberno aprobou tamén solicitar a subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria por importe de 136.000 euros para a posta en marcha do programa Emprego Santiago VI, 2017- 2018. O Concello sufragará o 20% do proxecto por importe de 40.800 euros na anualidade de 2017 e de 11.011 euros na de 2018.

Ademais, aceptáronse dúas subvencións máis para poñer en marcha accións destinadas a persoas desempregadas e para a realización dun obradoiro de emprego. No primeiro caso trátase dunha subvención de case 200.000 euros para realizar catro accións formativas relacionadas coa fontanería, a instalación e o mantemento solar térmico e a montaxe de rede de augas. No segundo caso, trataríase de poñer en marcha o Obradoiro Ecotur Xuvenil III, cunha subvención de 140.188 euros e unha achega municipal de 50.000 euros. Neste obradoiro formativo participarán 14 alumnos e alumnas.

Cláusulas sociais

Este venres tamén se aprobou a incorporación de cláusulas sociais nos contratos públicos que estableza o Concello con calquera empresa. Con este acordo quere obrigarse ás empresas a que incorporen melloras dende o punto de vista laboral. O obxectivo das cláusulas sociais pasa por lograr a inclusión de persoas en risco de exclusión social ou laboral, o fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes, a inclusión de persoas con diversidade funcional, a promoción da calidade e a estabilidade no emprego, a conciliación da vida familiar e laboral ou a promoción da economía social e as Pemes.

Outros asuntos

A Xunta de Goberno deu luz verde á colocación de 33 colectores para que os veciños e veciñas de Compostela poidan deixar a roupa e o calzado usados. Acordouse adxudicar a súa colocación e xestión á empresa Arroupa Santiago, quen deberá realizar un total de 317 horas anuais de actuacións de sensibilidade ambiental.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies