As empresas que optan a reformar a EDAR da Silvouta visitan as instalacións

0

Compostela, 31 de xullo do 2019 – O proceso de licitación da reforma da EDAR da Silvouta comezou coa visita das empresas participantes no proceso ás instalacións.

Son nove as empresas que participan na fase de concorrencia competitiva. Teñen ata o 30 de setembro para presentar as propostas para a Silvouta. Tras visitar o lugar mantiveron unha reunión con técnicos municipais e técnicos da Consellería de Medio Ambiente e de ACUAES, na que tamén estivo presente a directora xeral deste organismo, Rosa Coba.

Tras presentar as propostas, ACUAES preseleccionará catro das nove ofertas. A continuación, estas empresas deberán presentar un proxecto máis detallado no que se inclúa a tecnoloxía necesaria para o desenvolvemento da Silvouta.

Está previsto que, a mediados de 2020, se seleccione o proxecto definitivo. A partir de aí tramitarase a autorización ambiental correspondente por parte da Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial