займ срочно

Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago

0

Compostela, 9 de outubro do 2019 – A inauguración do Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago reunirá máis de 32 representantes institucionais dos órganos de goberno de 25 universidades.

O Encontro de Reitores comezará ás 15.30 horas.  Na cerimonia de inauguración participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski; e o reitor da USC, Antonio Díaz.

Este Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago está organizado polo Grupo Compostela de Universidades en colaboración coa Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. O programa do evento inclúe na súa parte académica actividades como mesas redondas, grupos de traballo e relatorios de expertos como a xefa da Unidade de Educación Superior da Unión Europea, Vanessa Debiais-Sainton, ou o director xeral da Oficina da Alto Comisionado para a Axenda 2030, Federico Buyolo.

A cita completarase con visitas culturais e académicas á cidade da Coruña, degustacións de produtos galegos e un percorrido polo Camiño de Inverno na contorna da Ribeira Sacra. Na súa derradeira xornada, o venres 11, asinarase en Chantada a Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, expresión do compromiso das universidades e da súa vontade de traballar en prol do logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible na Educación Superior e da iniciativa de universidade europea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies