Antonio López, reitor USC, “ofrecer todo o que temos é parte da nosa responsabilidade social”

0

Compostela, 2 de abril do 2020 – A Universidade de Compostela implicouse desde o primeiro momento na solución da pandemia que o mundo está a sufrir, Lindeiros fala co reitor Antonio López para por en valor todo ese traballo que se está levando a cabo desde a USC.

Antonio López era elixido reitor da Universidade en abril do 2018. Nin en aquel momento nin, como nos di, hai 20 días contaba con estar nunha situación como a actual

Unha vez colocados nun escenario tan excepcional tocaba poñer todos os recursos da Universidade ao servizo da sociedade. Sen ser unha institución que teña un orzamento que permita gastos extraordinarios votar unha man ao estudantado foi unha das primeiras decisións que se tomaron xunto con deixar de cobrar por servizos que non se ian a prestar por un tempo

Outras das medidas tomadas foi manter a docencia na medida do posible. Desde hai tempo a USC ten un Campus Virtual pero Antonio López nunca imaxinou que en 48 horas se convertera nunha ferramenta tan fundamental

Pero a Universidade é investigación, algo que nunha situación como a actual é sen dúbida o que nos pode salvar. Toda a USC púxose a disposición das autoridades para traballar no que fora necesario, desde a procura da vacina ata abrir as residencias universitarias se fose preciso

Antonio López ademais de reitor da USC é Catedrático en Dereito Financeiro. Non sabemos si as leis se terán que adaptar a unha nova realidade económica pero a economía seguro que si terá que adaptarse a unha nova realidade social e por iso preguntámoslle na súa faceta de docente

A situación actual plantexa tamén a duda sobre o tráfico de persoas e mercadorías entre territorios cando todo pase. Antonio López opina que igual que o 11M obrigou á reflexión sobre cuestións relacionadas coa liberdade en este caso terase tamén que reflexionar sobre outro tipo de cuestións pero a solución terá que ser global si se quere que sexa efectiva

A Universidade de Santiago é un dos principais patrimonios de Galicia. Non sempre valorada e apoiada como lle corresponde está demostrando que todo o investimento que se faga nela é un beneficio para a sociedade e antes ou despois é devolto con creces á poboación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial