Compostela acolle un exercicio aéreo de defensa nacional

0

Compostela, 27 de xuño do 2019 – O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asistiu en Santiago á presentación do exercicio aéreo “Eagle  Eye 19-02” que efectúa durante esta semana as tres unidades do Exército de España en territorio galego.

Imaxe Fernando España

Javier Losada destacou a elección de Galicia para a operación máis importante das que se realizan periodicamente para poñer a proba a seguridade nacional cun exercicio aéreo. As manobras combinan unidades dos tres exércitos baixo o Mando de Operacións Aéreas ( MDOA), que é a unidade que dirixe a operación.

Imaxe Fernando España

O delegado do Goberno presenciou un simulacro de ataque aéreo ás instalacións do Aeródromo Militar de Santiago xunto co Xefe do Mando Aéreo de Combate do Exército do Aire, César Miguel Simón, e outras autoridades militares.

Exercicio “ Eagle  Eye 19-02”

Imaxe Fernando España

O “ Eagle  Eye 19-02”, que se desenvolve desde o 24 ao 28 de xuño, integra capacidades de Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire para a vixilancia do espazo aéreo. Este adestramento conxunto de medios dos tres exércitos perfecciona a coordinación entre medios terrestres, navais e aéreos, o que contribúe eficazmente á seguridade e defensa de España.

Imaxe Fernando España

Durante esta semana diversas unidades militares sitúanse en área de Ferrol para  testar a defensa  antiaérea desde terra, mar e aire. Entre elas, despréganse unidades de artillería  antiaérea, a fragata “ Blas de  Lezo” e cinco cazas  Eurofighter do Á 11 (Base de Morón de la Frontera), que están situados no Aeródromo Militar de Santiago de Compostela para integrarse como parte do Núcleo de Forza Conxunta.

Imaxes de Loli Fernández

Este exercicio desenvólvese no marco das operacións permanentes das Forzas Armadas, que levan a cabo os 365 días do ano, as 24 horas do día baixo o mando do Mando de Operacións Aéreas ( MDOA), órgano da estrutura operativa das Forzas Armadas directamente subordinado ao Xefe de Estado Maior da Defensa ( JEMAD) e ao Comandante do Mando de Operacións ( MOPS).

Imaxe Fernando España

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial