Éxito na primeira edición do Camiño race

0

Compostela, 21 de outubro do 2019 – A Cidade da Cultura acolleu a primeira edición da Camiño Race, unha carreira de obstáculos que congregou a medio milleiro de participantes.

O director da Camiño Race, Manuel Blanco, mostrábase moi satisfeito e afirmaba que superou todas as expectativas.

Camiño RaceA proba recibiu participantes de toda a península e de altísimo nivel. Entre os corredores estaba, por exemplo, Damián Espasandín (actual campión de España desta modalidade), a madrileña Lorena González (actual campioa de España) ou o belga Thibault Debusschere (campión de Europa en 2016 e 2017, e recentemente proclamado no último mundial, campión do mundo por seleccións e cuarto mellor corredor individual do mundo).

O circuíto da proba percorreu 8 quilómetros pola Cidade da Cultura, o Bosque de Galicia e as Brañas do Sar. Ao longo do traxecto os atletas tiveron que superar 34 obstáculos de diferentes dificultades. O director da proba Manuel Blanco, afirmou sentirse moi satisfeito co resultado desta primeira edición “A xente marcha moi contenta e iso é o máis importante para nós: que disfrutaran e puideran gozar desta disciplina deportiva coa máxima seguridade e bo ambiente. Estamos a traballar xa na vindeira edición que contará con importantes novidades, pero que seguirá a manter a esencia da proba e a súa vinculación co fenómeno Xacobeo.

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, que estivo presente na entrega de premios en representación da Xunta de Galicia, valorou como moi positiva a iniciativa e comprometeu todo o apoio do goberno galego de cara consolidar O Camiño Race como a maior e mellor carreira de obstáculos de Europa. Nese sentido,

anunciou que por parte da Xunta de Galicia en xeral, e do departamento que dirixe en particular, “imos centrar os esforzos en converter a O Camiño Race na mellor OCR de Europa e en conseguir que Santiago sexa a sede do Campionato do Mundo desta modalidade en 2021, coincidindo coa celebración do Xacobeo”.

Por último, o director da proba, Manuel Blanco quixo tamén facer un recoñecemento expreso ás múltiples empresas privadas como GADIS, VIAQUA, Torre de Núñez, Nutrisport, FINSA, Gruas Norte ou conservas Escurís que apoiaron o proxecto desde un comezo e, sobre todo, á colaboración e respaldo que atoparon a nivel institucional por parte do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia que tanto a través de Galicia Calidade, Deporte Galego ou o programa “O teu Xacobeo” no cal, cun investimento total de 4,7 millóns de euros, máis de 350 iniciativas como esta recibiron o apoio necesario do goberno galego para a súa materialización como foi o caso desta proba.

Así mesmo, tamén agradeceu a imprescindible colaboración e excelente predisposición da Cidade da Cultura e o Multiusos Fontes do Sar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial