займ срочно

A fotografa Begoña Sánchez expón “Visiones” no Claustro Alto de Fonseca

0

Compostela, 3 de marzo do 2020 – Esta tarde, oito horas, inaugurase no Claustro Alto de Fonseca a exposición “Visiones” da fotografa Begoña Sánchez.

A fotógrafa  bilbaína Bego Sánchez reflicte mediante unha visión artística, a beleza do río Tinto en Huelva, plasmándoa en obras abstractas de aparencia pictórica. A mostra estará aberta ata o 27 de este mes.

Na inauguración tomarán parte, ademais da artista, a vicerreitora de Comunicación Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e Antonio de Ron Pedreira, delegado do CSIC en Galicia.

A fotografa Begoña Sánchez expón "Visiones" no Claustro Alto de FonsecaUn total de vinte fotografías impresas en lenzo de artista compoñen a mostra. “Influenciada pola miña experiencia ante un microscopio, mergúllome mentalmente nos elementos do río para tentar captar a súa riqueza visual a través de imaxes abstractas. A modo de lenzo de artista, o sensor da cámara imprégnase do que a natureza pinta con vibrantes cores, formas e texturas. As miñas obras mostran un universo fantástico, unha experiencia visual dun río único no mundo e considerado homólogo  xeomicrobiolóxico do planeta Marte”, comenta a autora. A colección está patrocinada polo Concello de Minas de  Riotinto en Huelva e trátase dun proxecto fotográfico itinerante.

Sobre a autora

Bego Sánchez é fotógrafa  bilbaína, licenciada en Ciencias Biolóxicas, natural de Guinea Ecuatorial e afincada en Sevilla dende 2013. A súa formación en fotografía é autodidacta, estudando a luz a través dos pintores clásicos e os mestres da fotografía. Nos seus inicios centrouse en fotografar Paisaxe Natural e Urbana así como Natureza, influenciada pola súa formación académica. Co tempo foi experimentando noutras disciplinas como a  Street  Photography, Fotografía Social e reportaxe Agropecuaria e Industrial. Na actualidade é fotógrafa profesional na área de Fotografía Comercial e Social. Ostenta a distinción de Artista 2019 pola Federación Andaluza de Fotografía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies