A concesionaria de Miramontes acusa ao transportista de verter residuos hospitalarios

0

Compostela, 21 de xaneiro do 2020 – A Unión Temporal de Empresas Eyrega, responsable do vertedoiro de Miramontes, ven de abrir un expediente ao transportista polos residuos hospitalarios aparecidos no lugar.

Eyrega abre expediente de no conformidade a la empresa responsable de transporte. Según explican nun comunicado, a intención é que dita empresa abra unha investigación que aclare como chegaron alí os residuos hospitalarios.

Denuncias dos veciños

Foron os veciños os que advertiron o pasado venres de que unha bolsa de residuos hospitalarios estaba nunha cuneta. Denuncian que tardaron ata doce horas en retiralos e atópanse fartos dos inconvintes que produce a instalación, desde o propio tránsito de camións ata o cheiro que provocan.

atopados residuos hospitalarios en MiramontesA UTE pola súa parte explica que só son responsables do proceso de inertización e depósito en vaso de vertedoiro illado e debidamente selado. Trasladan ao transportista a responsabilidade da custodia do residuo e do seu traslado. Engaden que desde principios do 2019 ” en el Vertedero de Miramontes ya no se gestionan residuos que potencialmente puedan generar afección odorífica”.

Eyrega solicita, ademais dun informe sobre o sucedido, que a compañía operadora do transporte asuma as responsabilidades derivadas da situación e aporte garantías de que non se repetirá. Tamén informan de que puxeron en coñecemento das autoridades locais e autonómicas.

Residuos non perigosos

Eyrega explica que realizou unha investigación interna en canto tivo coñecemento dos feitos. De dita investigación conclúese que o venres 17 de xaneiro rexistráronse dúas únicas entradas de residuos hospitalarios de tipo non perigoso. Tamén din que estes residuos contaban con tódolos requisitos ambientais para o seu tratamento en Miramontes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial