Un meco contaminante no Entroido de Compostela

0

Compostela, 21 de febreiro do 2020 – O concello de Santiago presentou as festas de Entroido que estarán presididas por un Meco contaminante para concienciar pola emerxencia climática.

A presentación tivo lugar no Teatro Principal e contou coa presenza do creador, José Manuel Méndez, quen explicou que este ano fixo un Meco Contaminante, en referencia á declaración da emerxencia climática. E como sempre quere estar pegado á actualidade, mesmo incluíu unha coroa no boneco, en alusión ao coronavirus.

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou a programación que comeza este sábado coa subida do Meco ao Pazo de Bendaña. Unhas festas que se prolongarán ata o mércores 26, cando o boneco arderá na praza Roxa. A xornada grande volverá a ser o martes, co desfile e concurso de carrozas, comparsas e disfraces, e a novidade deste ano será a festa fareleira prevista para o luns 24.

Un meco contaminante no Entroido de Compostela

Na presentación tamén participaron Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas, tres das formacións que animarán o Entroido compostelán durante estes días.

A programación arrincará este sábado 22 co tradicional desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata o Toural. Dende o balcón do Pazo de Bendaña, o boneco presidirá o Entroido ata o mércores 26. Alí tamén pronunciará o pregón do Entroido a actriz Iria Pinheiro. Todo isto acompañado dun espectáculo musical e pirotécnico a cargo da compañía Deabru Beltzak.

Ao día seguinte, a animación do Entroido empezará ben cedo polas rúas cos Conformistas de Conxo e a charanga Os Atrevidos, e pola tarde, na Sala Capitol, celebrarase o Festival Infantil de Disfraces, que será animado por A Run Run.

Luns fareleiro

A xornada do luns acollerá a principal novidade deste ano, unha festa fareleira no Toural, pola mañá para os máis pequenos e pequenas, e pola tarde xa para todas as idades. Gonzalo Muíños animou a todos e todas a levar fariña da casa e a divertirse nesta festa. Este día tamén haberá un obradoiro de máscaras pola mañá no Pazo de Bendaña, e animación de rúa coa Charanga BB+.

Desfile e queima do Meco

O martes de Entroido volverá a ser o día grande, co desfile polas rúas de Compostela. As carrozas, comparsas e charangas reuniranse na avenida de Ferrol ás 16:30 horas, e de aí irán por Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e Xoán Carlos I.

E rematado o desfile, os/as participantes dirixiranse á Sala Capitol, onde actuará Brassica Rapa e onde se celebrará a entrega de premios, que alcanzarán os 17.200 euros.

Un meco contaminante no Entroido de CompostelaCo mércores, chegará o momento de acompañar o Meco dende o Toural ata a praza Roxa, onde arderá despois dun percorrido cunha comitiva de loito e co acompañamento musical da Ruliña de Laraño, Os Armatroulas e a Charanga BB+.

O concelleiro lembrou tamén as diferentes actividades que xa levan semanas en marcha e que seguirán estes días nos centros socioculturais, e os atranques dos Xenerais da Ulla que se celebran nos barrios de Santiago. En concreto, este sábado hai atranque en Aríns e, o domingo, no Eixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial