займ срочно

Un Apóstolo distinto

0

Compostela, 13 de xullo do 2020 – O concello de Santiago presentou as Festas do Apóstolo 2020 que terán formatos reducidos e medidas de seguridade ampliadas.

A situación excepcional na que seguimos vivindo leva a todos os concellos a retomar a actividade cultural extremando as precaucións. As festas do Apóstolo non serán unha excepción e terán formatos reducidos nos que a seguridade sanitaria será  a prioridade.

En palabras do concelleiro Gonzalo Muíños “Dende o Goberno municipal sempre pesamos que, se as medidas sanitarias o permitían, debíamos celebrar as festas do Apóstolo [] despois de meses de confinamento a cidadanía e Compostela precisa de actividades de lecer e de alternativas coas que volver a esta nova normalidade [] estas festas tamén podían axudar a recuperar o sector cultural, neste caso dando un pulo a artistas locais e de proximidade, complementados con outras actuacións de artistas de máis renome”.

Actividades con reservas

As circunstancias condicionan o programa, e malia que todas as actividades son de balde (agás unha no Teatro Principal), haberá que facer unha reserva, a través da web reservas.gal para así ter un control dos aforos e poder garantir as distancias de seguridade. As reservas poderán facerse dende hoxe mesmo.

Para todas haberá que acudir cunha antelación de 30 minutos e coa máscara, que será obrigatoria.

Praza da Quintana e parque de Galeras

O concelleiro resaltou dous espazos que “serán un pouco o eixe das actividades, principalmente dos concertos: a praza da Quintana e o parque de Galeras”. Para a Quintana, dixo, “reservamos aqueles concertos de maior formato, entre comiñas, nos que podemos garantir unha maior capacidade. Polo escenario pasarán artistas como Nakany Kanté (venres 17), Aretha Soul Divas & The Silverbacks (sábado 18), Broken Peach (domingo 19), A Banda da Loba (martes 21), TéCanela (mércores 22), Najla Shami (xoves 23), Gaizka Project (venres 24), Xacobe Martínez Antelo Trío (luns 27), Nastasia Zürcher (martes 28), Germán Díaz & Benxamín Otero (mércores 29) ou Ortiga (venres 31).

Tamén na Quintana haberá tres xornadas dedicadas á música e bailes tradicionais: o espectáculo “Do blues ao alalá” o luns 20, as Xornadas de Folclore Galego o Día do Apóstolo, e o TradFest que organiza La Voz de Galicia ao día seguinte, domingo 26. E tampouco faltará outro dos concertos máis esperados no Apóstolo, como é o da Real Filharmonía de Galicia, que desta vez se celebrará o día 30 e cun programa dedicado a Beethoven.

O outro espazo principal será o parque de Galeras, onde ademais de concertos, haberá espectáculos de humor e outros para toda a familia. Por alí pasarán artistas como A Banda de Nash, Mad Martin Trío, Lou Reyes & The Rockin Corsarios, o espectáculo familiar Pirilampo, a función teatral de Teatro del Andamio, o monologuista Oswaldo Digón, Colt 45, Andhrea & The Black Cats, Escuchando Elefantes, Agoraphobia, as proposta familiares de Uxía Lambona ou Na Casa de Caramuxo Teatro, o monólogo de Pablo Meixe & Danny Boy Ribera, Triska ou The New Raemon.

Ademais, haberá algún concerto e outras actividades como danza ou performances noutros lugares, como o parque de Bonaval, onde estarán Antía Muíño, 16 mm, Thesaurus, Marcelo Dobode, MounQup ou Ukestra.

Circo, cine e citas tradicionais

Na Alameda poderase desfrutar sobre todo de propostas para toda a familia, especialmente de circo. E no parque de Eugenio Granell haberá un ciclo de cine ao aire libre.

Por suposto, non faltarán citas tradicionais coma o Torneo de Chave, o concerto da Banda Municipal, o Día do Traxe Galego, os xigantes e cabezudos (que desta vez se concentrarán na Quintana) ou o Día de Padrón.

Pregón de homenaxe e espectáculo de humor

As festas arrincarán o venres 17 cun pregón moi especial, co que “queremos render homenaxe a todas as vítimas do coronavirus e tamén a todos estes colectivos que tan importantes foron e seguen sendo nestes meses de pandemia para garantir a nosa saúde, a nosa seguridade e o noso benestar, explicou Muíños. Todo isto mesturado con humor, “que tanto nos fai falta nestes momentos”.

Ás 21:00 h comezará o espectáculo O recuncho da comedia, con Rober Bodegas, Javier Veiga e David Amor. Cando rematen, comezará o pregón, conducido polo xornalista Luis Pardo, e no que intervirán tamén unha enfermeira e unha persoa que pasou o Covid-19. Xunto a eles, nos balcóns, estarán representantes de Protección Civil, Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros, Cruz Vermella, persoal sanitario, Servizos Sociais, Parques e Xardíns, Servizo de Limpeza, persoal de supermercados e de distribución e medios de comunicación. O acto pecharase cun espectáculo pirotécnico.

O concelleiro pechou a presentación lembrando que os fogos do Apóstolo se lanzarán nesta edición dende oito puntos distintos da cidade, o que “permitirá ver unha estampa especial da cidade esta noite do 24 de xullo”. Precisamente por esa distribución, fixo un chamamento a “evitar as masificacións na rúa”.

programa festas apostolo 2020
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies