займ срочно

Pregón de homenaxe para comezar o Apóstolo 2020

0

Compostela, 17 de xullo do 2020 – Santiago de Compostela comeza hoxe as festas do Apóstolo e faino cun pregón homenaxe aos que serviron, e serven, á veciñanza durante esta pandemia.

A lembranza das vítimas do Covid19 será o eixe central do pregón do Apóstolo. Un acto coordinado polo xornalista Luís Pardo e no que tamén terán voz todos os colectivos que axudaron durante a crise.

Homenaxe e humor

Antes do pregón haberá tempo para o humor. Na praza do Obradoiro comezará as nove da noite o espectáculo O recuncho da comedia, con Rober Bodegas, Javier Veiga e David Amor. Cando rematen, a música do bombeiro rockeiro que chegou aos fogares composteláns nos días do confinamento dará paso ao pregón (22:30 h). Ademais de Luis Pardo, intervirán tamén unha enfermeira e unha persoa que pasou a Covid-19. Xunto a eles, nos balcóns, estarán representantes de Protección Civil, Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros, Cruz Vermella, persoal sanitario, servizos sociais, parques e xardíns, servizo de limpeza, servizo de auga, persoal de supermercados e de distribución, agricultura e gandería, educación e medios de comunicación.

Nakany Kanté, A Banda de Nash e Torneo de Chave

Malia que o pregón suporá o inicio oficial das festas, xa pola tarde, ás 19:30 h, comezará na Alameda unha das citas tradicionais destas datas, o Torneo de Chave, que alcanza a súa XLII edición.

As propostas musicais desta primeira xornada veñen da man de Nakany Kanté e A Banda de Nash. Estes últimos actuarán ás 21:00 h no parque de Galeras, mentres que a cantante guineana subirá ao escenario da Quintana ás 22:00 h.

Reserva de entradas

Cómpre lembrar que para todas as actividades destes 15 días son de balde (agás unha actividade no Teatro Principal), pero hai que facer unha reserva, a través da web reservas.gal, para así ter un control dos aforos e poder garantir as distancias de seguridade. As reservas seguen activas e xa son moitos os espectáculos que esgotaron as entradas. A todas estas actividades haberá que acudir cunha antelación de 30 minutos e coa máscara, que é obrigatoria.

Os espectáculos cun maior aforo celebraranse na praza da Quintana. Ademais de Nakany Kanté, polo escenario pasarán artistas como Aretha Soul Divas & The Silverbacks (sábado 18), Broken Peach (domingo 19), A Banda da Loba (martes 21), TéCanela (mércores 22), Najla Shami (xoves 23), Gaizka Project (venres 24), Xacobe Martínez Antelo Trío (luns 27), Nastasia Zürcher (martes 28), Germán Díaz & Benxamín Otero (mércores 29) ou Ortiga (venres 31).

Apóstolo

Unha imaxe que xa non se repetirá, a dos fogos no Obradoiro

Tamén na Quintana haberá tres xornadas dedicadas á música e bailes tradicionais: o espectáculo “Do blues ao alalá” o luns 20, as Xornadas de Folclore Galego o Día do Apóstolo, e o TradFest que organiza La Voz de Galicia ao día seguinte, domingo 26. E tampouco faltará outro dos concertos máis esperados no Apóstolo, como é o da Real Filharmonía de Galicia, que desta vez se celebrará o día 30 e cun programa dedicado a Beethoven.

O outro espazo principal será o parque de Galeras, onde ademais de concertos, haberá espectáculos de humor e outros para toda a familia. Por alí pasarán artistas como A Banda de Nash, Mad Martin Trío, Lou Reyes & The Rockin Corsarios, o espectáculo familiar Pirilampo, a función teatral de Teatro del Andamio, o monologuista Oswaldo Digón, Colt 45, Andhrea & The Black Cats, Escuchando Elefantes, Agoraphobia, as proposta familiares de Uxía Lambona ou Na Casa de Caramuxo Teatro, o monólogo de Pablo Meixe & Danny Boy Ribera, Triska ou The New Raemon.

Ademais, haberá algún concerto e outras actividades como danza ou performances noutros lugares, como o parque de Bonaval, onde estarán Antía Muíño, 16 mm, Thesaurus, Marcelo Dobode, MounQup ou Ukestra.

Circo, cine e citas tradicionais

Na Alameda poderase desfrutar sobre todo de propostas para toda a familia, especialmente de circo. E no parque de Eugenio Granell haberá un ciclo de cine ao aire libre.

Por suposto, non faltarán citas tradicionais coma o Torneo de Chave, o concerto da Banda Municipal, o Día do Traxe Galego, os xigantes e cabezudos (que desta vez se concentrarán na Quintana) ou o Día de Padrón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies