O Día do Traxe chega as festas do Apóstolo

0

Compostela, 22 de xullo do 2020 – A pandemia acabou con moitas festas pero non será un obstáculo para que o Apóstolo teña o tradicional Día do Traxe.

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, foi o encargado de presentar as actividades da cuadraxésima edición do Día do Traxe que se celebrará este xoves 23.

O concelleiro explicou que “pensamos que esta cita debía manterse no programa das festas, porque sempre é un día moi agardado por moitas persoas e porque vimos que se podía celebrar, mantendo os protocolos de seguridade, dun xeito diferente, máis acoutado, pero que se podía celebrar”. De todos xeitos este ano non haberá o concurso de traxes, pero mantense o desfile, e a recepción en Raxoi, aínda que neste caso cun grupo reducido de persoas.

O Día do Traxe chega as festas do Apóstolo

SONY DSC

Xunto a Muiños estiveron na rolda de prensa a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola secretaria da entidade, Carmen Guitián.Tal como explicou Pilar Astray, a xornada arrincará ás 11:30 horas coa concentración na Alameda, dende onde sairá o desfile, que pasará por Porta Faxeira , rúa do Vilar, Praterías, Conga, Antealtares, Preguntoiro, Cervantes e Acibechería, ata a igrexa de San Paio de Antealtares. Aquí celebrarase unha misa (13:00 h) e logo, ás 14:15 h, unha pequena representación da xunta directiva da Asociación do Traxe Galego será recibida no Concello pola Corporación municipal.

O Día do Traxe chega as festas do Apóstolo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial