A violinista Amandine Beyer no segundo concerto do Ateneo Barroco

1

Compostela, 9 de outubro do 2019 – O segundo concerto do Festival Ateneo Barroco terá esta tarde como protagonista a violinista francesa Amandine Beyer e o seu grupo Gli Incogniti.

Despois da sesión do martes o Ateneo Barroco continúa coa homenaxe a Bach no segundo dos cinco concertos do Festival patrocinado polo programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago e que conta coa colaboración da Universidade de Santiago.

Amandine Beyer e o seu grupo Gli Incogniti

Amandine Beyer e o seu grupo Gli Incogniti

O Teatro Principal acolle a partir das oito un dos concertos destacados do festival coa prestixiosa e virtuosa violinista francesa Amandine Beyer. Baixo a súa dirección estará o grupo Gli Incogniti, fundado en 2006 que acadou un salientable recoñecemento por parte de crítica especializada, público e programadores e actúa regularmente nas máis importantes salas de concerto e festivais (Berlín, Nova York, Lisboa, Bruxelas, París, Londres, etc.)

O programa do concerto inclúe obras do mencionado Bach e algunhas sonatas que, inicialmente atribuídas ao mestre, a musicoloxía finalmente recoñeceu que foron compostas polos seus máis talentosos e fieis discípulos, como é o seu fillo máis coñecido, o tamén compositor Carl Philipp Emanuel Bach, ou por algún dos seus alumnos, como é o caso de Johann Georg Pisendel. Todas elas obras nas que sen dúbida se nota a man do mestre.

As entradas para o concerto poden adquirirse en entradas.ataquilla.com, na sede de Afundación na rúa do Vilar e, 2 horas antes do concerto, no mesmo Teatro Principal.

Como cada día, no espazo de celebración de cada concerto, e con anterioridade ao mesmo (18.30h), celebraranse uns breves encontros cos artistas, dispostos a ilustrar e amosar as peculiaridades dos seus instrumentos e a satisfacer as dúbidas e curiosidades do público. Neste caso, esta charla terá un contido especial, xa que os músicos de Gli Incogniti e a súa directora Amandine Beyer, ademais de falar dos seus instrumentos (violín, viola da gamba, clave e frauta), ofrecerán unha visión máis de conxunto dunha agrupación de cámara e das peculiaridades da música de Bach para este tipo de música. Esta actividade é gratuíta con acceso limitado por rigorosa orde de chegada a 25 persoas.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial