Electrolírica esta noite no Flamingo

0

Compostela, 6 de novembro do 2019 – O Flamingo ofrece esta noite unha cea concerto coa participación  de Electrolírica, un proxecto que mestura poesía, vídeo e música.

O Flamingo Compostela soe ofrecer concertos todos os mércores o que converte as horas da cea nun momento distinto aos do resto da semana. Os protagonistas hoxe serán os nicrarienses Electrolírica.

electrolíricaO poeta Xan Solo e a compositora e creadora Cristina Morquillas son os impulsores de esta fusión tan especial. O seu primeiro disco leva o mesmo nome que o grupo e recolle catorce cancións que evocan imaxes case cinematográficas con ritmos e sons envolventes.

Electrolírica foi producido no estudo dos autores o que, según din, “deulle máis tranquilidade aos procesos creativos e á investigación nas texturas dos elementos que compoñen o seu traballo: a palabra e o son”.

Os directos percorren un camiño que vai de cancións intimistas, poéticas e teatrais a potentes instrumentacións, creando diferentes atmosferas ao longo do seu espectáculo.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial