займ срочно

Compostela fomenta a igualdade na compra de xoguetes

0

Compostela, 19 de Nadal do 2017 – O concello de Santiago pon en marcha a campaña A igualdade tamén se fai xogando, para fomentar a compra de agasallos non sexistas.

A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou a campaña que inclúe un decálogo de recomendacións para as familias. Marta Lois destacou que os xoguetes “non son só unha fonte de diversión, senón tamén o principal mecanismo de aprendizaxe e socialización durante a infancia”. Por iso, incidiu na importancia de realizar regalos que “fomenten a igualdade durante a infancia e que promovan o uso de xogos e xoguetes que fomenten a igualdade entre nenas e nenos”, e máis nunha época de Nadal onde os xoguetes ocupan unha centralidade nos fogares composteláns.

A pesar de que a sociedade ten avanzado moito en materia de igualdade entre mulleres e homes, o certo é que se continúa realizando unha separación clara por sexo, promovéndose uns xoguetes para nenos e outros para nenas. Esta separación non é aleatoria, senón que responde a unha estrita asignación de roles de xénero. Así, mentres que os xoguetes dos nenos están orientados a actividades como a condución, a construción, a práctica deportiva e á competición, os xoguetes de nenas relaciónanse principalmente co coidado de bebés, limpeza do fogar, bailar, cantar ou deseñar.

Esta diferenciación dos xogos en función do sexo ten unha grande influencia na reprodución dos roles tradicionais de xénero, por exemplo, no feito de que as mulleres se encarguen fundamentalmente dos coidados e do traballo doméstico e que os homes se orienten de maneira case exclusiva ao mercado de traballo. Por iso é tan importante agasallar sen ter en conta estes roles impostos de xénero para non seguir perpetuando o mantemento das desigualdades entre mulleres e homes.

Decálogo con recomendacións

O Concello de Santiago enviou a semana pasada unha carta e un decálogo aos centros educativos e ás familias para explicar o contido desta iniciativa. Nese decálogo dise que “nenos e nenas aprenden xogando” e que nin os xoguetes nin as cores entenden de sexo, xa que asignarllo limita a súa creatividade.

A igualdade tamén se fai xogando aposta por agasallar tendo en conta a diversidade de cada persoa, pero non o seu xénero ou sexo. Por iso, busca tamén “fomentar o uso de xoguetes didácticos e cooperativos”, apartando a violencia. Outra das recomendacións pasa por regalar xoguetes que “axuden ao desenvolvemento de sentimentos e afectos, sen diferenciación entre nenos e nenas”, así como libros cuxos protagonistas non xiren en torno a persoas masculinas exclusivamente.

En definitiva, A igualdade tamén se fai xogando é unha campaña inclusiva, que busca acabar cos roles e estereotipos de xénero dende as idades máis temperás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies