Compostela crea un forno dos soños para promover o emprendemento

0

Compostela, 14 de setembro do 2017 –  O Forno dos Soños é un novo programa enmarcado dentro das actividades da iniciativa Compostela Móvese con fin de promover o emprendemento na cidade.

O programa comeza o 25 de setembro e as candidaturas poderanse presentar ata o día 21 de setembro, ás 14:00 horas, mediante un formulario incluído na páxina web do Cersia.

O Forno dos Soños quere ser unha ferramenta para axudar na adaptación e a mellora da empregabilidade. O método de traballo son sesións individuais e colectivas dirixidas por un asesor profesional.

Hai 20 prazas dispoñibles. No caso de superarse este número, realizaranse entrevistas individuais o 25 de setembro. A admisión comunicarase por e-mail logo das entrevistas. Na web do Cersia tamén se publicará a lista de persoas admitidas.

Dúas sesións semanais

O programa dará comezo o vindeiro 25 de setembro e rematará o 30 de novembro. Terá dúas sesións de traballo semanais, os martes e os xoves, salvo festivos, de 9:00 a 14:00 horas, e tres titorías individuais. Entre as actividades programadas están as de outdoor training ou de novas formas de deseño ou emprendemento ademais das devanditas sesións individuais.

O Forno dos Soños vai dirixido a persoas en desemprego que queiran mellorar ou reencamiñar a súa carreira profesional, persoas con proxectos en marcha e que non conseguen despegar e persoas que desexen aprender fórmulas de emprendemento para o futuro.

Terán prioridade na admisión as persoas de colectivos con máis dificultade no momento de poñer en marcha proxectos e iniciativas: mulleres, persoas en risco de exclusión social e persoas do rural e barrios.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies