O 31 de outubro celebrarase en Compostela a Gala aRitmar

0

Compostela, 5 de outubro do 2018 –  A Escola Oficial de Idiomas presentou a Gala do certame aRitmar coa presenza do Concelleiro de Educación, Manolo Dios, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director da escola, Gonzalo Constenla.

aRitmar naceu, por iniciativa da Escola de Idiomas, para dar a coñecer e difundir a poesía e música ediada en Galicia e en Portugal. A Gala, coa que remata a presente edición, promove tamén achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións e desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O acto celebrarase o vindeiro 31 no Auditorio de Galicia as nove da nooite.

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, mellor poema galego e mellor poema portugués. Os gañadores e gañadores nestas categorías son, respectivamente, Bailando as rúas de A Banda da Loba, Amar pelos dois de Salvador e Luísa Sobral, Blues do rei Bergman=B.B. King de Lois Pérez e Com o ritmo da chuva, de Alexandre Brea. O premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona é para Convergências Portugal Galiza.

A entrada para a gala, que será presentada por Carlos Meixide e Iria Pinheiro é de balde ate completar aforo previa recollida de billetes dende o 26 de outubro na EOI e no Teatro Principal. Tamén se poden recoller no Auditorio 3 horas antes do comezo da Gala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial