займ срочно

Galicreques abre a programación para escolares

0

Compostela, 14 de outubro do 2019 – Despois dunha fin de semana de aperitivo o Festival Galicreques abre a programación para escolares na que participarán máis de 1.600 alumnos.

O Festival Internacional de Títeres Galicreques está organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. Esta 24º edición durará ata o día 20  cunha ampla programación. Participan 25 compañías, estatais e internacionais, e estrearanse 7 espectáculos de compañías galegas, arxentinas e madrileñas.

Xornada de luns

Galicreques 2019Hoxe o Festival abre a súa programación escolar, conformada por 13 funcións destinadas ao alumnado de infantil, primaria e secundaria. A primeira actuación para o público escolar celebrarase ás 10.30 h. na Fundación SGAE, onde a compañía Tropos Teatro representará Blancanieves. Preséntase como unha reflexión irónica ao respecto dos contos clásicos que, en grande medida, poden resultar ilustrativos e doces, mais tamén teñen algo de, talvez, terroríficos. A Blancanieves de Tropos Teatro non sabe de tarefas domésticas, pero si saber facer unha páxina web e dende logo non vai bicar a ra ningunha por moi príncipe que sexa porque non quere casar.

A esa mesma hora,  ás 10.30 h. no Centro Sociocultural de Santa Marta, a formación galega A Xanela do Maxín representará A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. A montaxe, que mestura música e monicreques, fálanos dunha toupiña que, ao saír do seu tobo, descobre que lle cae na cabeza algo en forma de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. A Xanela do Maxín fará un segundo pase para o público escolar ás 12.00 horas no mesmo escenario.

No Teatro Principal, ás 11.30 h., a compañía Larei Lará presentaranos outra visión diferente de Brancaneves e os 7. Trátase dunha recreación da historia de Brancaneves con teatro e marionetas de mesa talladas en madeira. A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.

 

Resto da programación

As funcións continuarán ata o próximo domingo co seguinte programa

Martes 15 de Octubre 2019

10.30h Títeres Brincadeira. “A carteira de Augasclaras”. Fundación SGAE (función escolar)

11.00h A Xanela do Maxín. “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. CSC Santa Marta (función escolar)

11.30h La Pelela Títeres. “Vairoleto, Pechito Libertario”. Teatro Principal (función escolar)

18.30h A Xanela do Maxín. “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. CSC Santa Marta

18.30h Chachakün. “El investigatopo”. CSC A Trisca

21.30h Mad Compass. “El barrendero”. O Besbello Bar Cultural

Miércoles 16 de Octubre 2019

10.30h Danthea Teatro. “Cincenta”. Fundación SGAE (función escolar)

11.30h La Mar de Marionetas. “Pazzzzzz”. Teatro Principal (función escolar)

18.30h Tres Tigres Teatro. “La Caperucita”. CSC O Ensanche

19.30h  La Mar de Marionetas. “Pazzzzzz”. Teatro Principal

20.00h Mad Compass. “Los limpiabotas”. Carpa de la Alameda

20.30h Marionetas Cuarta Vía. “El circo más pequeño del mundo”. Carpa de la Alameda

Jueves 17 de Octubre 2019

10.30h Tres Tigres Teatro. “La Caperucita”. Fundación SGAE (función escolar)

11.30h Producións Teatrais Alakrán. “Finisterrae, o último ultramarinos”. Teatro Principal (función escolar)

18.00h Presentación del libro “El Inspector Ure” de Jorge Rey. Teatro Principal (Ambigú)

18.00h Chachakün. “El investigatopo”. Carpa de la Alameda

18.30h Tres Tigres Teatro. “Serenatas con Sanata”. CSC de Fontiñas

19.30h Títeres Larderos. “Pelos, misión bolsa y paso”. Carpa de la Alameda

20.30h Producións Teatrais Alakrán. “Finisterrae, o último ultramarinos”. Teatro Principal

Viernes 18 de Octubre 2019

10.30h Teatro de Marionetas La Estrella. “Los músicos de Bremen”. Fundación SGAE (función escolar)

11.30h Títeres Cachirulo, Tres Tigres Teatro y Chachakün. “Cronopios”. Teatro Principal (función escolar)

De 17.00 a 20.00 h Taller El Trastero de Lula. “Títeres de dedo: Pinochos y Duendes con madera, telas y material de reciclaje”. Praza Toural

18.00h Presentación del Estudio en marcha sobre el Sector del Teatro Visual, de Títeres y de Objetos en España – Títeredata, con Toni Rumbau. Teatro Principal (Ambigú)

18.00h Marionetas da Feira. “Marionetas de circo”. Carpa de la Alameda

18.30h Marionetas Cuarta Vía. “El circo más pequeño del mundo”. CSC de Vite

20.30h Títeres Cachirulo, Tres Tigres Teatro y Chachakün. “Cronopios”. Teatro Principal

22.00h Titiritada Cabaret. “Titiritada Cabaret”. Carpa de la Alameda

Sábado 19 de Octubre 2019

De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Taller El Trastero de Lula. “Títeres de dedo: Pinochos y Duendes con madera, telas y material de reciclaje”. Praza Toural

12.30h Triestitelles. “Viaje a la luna“. Fundación SGAE

12.30h Teatro de Marionetas La Estrella. “Los músicos de Bremen”. CSC de Conxo

13.00h Art-Monium. “A galiña dos ovos de ouro”. Pasacalles (salida desde la Alameda)

13.30h Spaguetti Títeres. “Cinco historias para unha man”. Carpa de la Alameda

17.00h Gaia Teatro. “Desde el azul”. Teatro Principal

17.00h Marionetas da Feira. “Marionetas de circo”. Carpa de la Alameda

17.30h Triestitelles. “Viaje a la luna”. Fundación SGAE

18.00h Art-Monium. “A galiña dos ovos de ouro”. Pasacalles (salida desde Praza Toural)

18.30h Triestitelles. “Viaje a la luna”. Fundación SGAE

18.30h Teatro Piedra Libre. “Caminito entre cartas”. Carpa de la Alameda

19.30h Mircromina Teatro. “A familia unida”. Carpa de la Alameda

20.30h La Pelela Títeres. “Vairoleto, pechito libertario”. Teatro Principal

Domingo 20 de Octubre 2019

De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Taller El Trastero de Lula. “Títeres de dedo: Pinochos y Duendes con madera, telas y material de reciclaje”. Praza Toural

12.30h Triestitelles. “Viaje a la luna”. Fundación SGAE

12.30h Teatro Piedra Libre. “Caminito entre cartas”. CSC do Castiñeiriño

13.30h Triestitelles. “Viaje a la luna”. Fundación SGAE

17.00h Teatro de Marionetas Trécola. “Tolitates”. Teatro Principal

17.30h Teatro de Marionetas La Estrella. “Los músicos de Bremen”. Carpa de la Alameda

18.30h Mad Compass. “Los limpiabotas”. Praza Toural

19.30h Tres Tigres Teatro. “Serenatas con Sanata”. Carpa de la Alameda

20.30h Gaia Teatro. “Desde el azul”. Teatro Principal

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies