займ срочно

Bellaco, vontade gastronómica

0

Borja e Matías son os dous propietarios do Bellaco. Levan media vida dedicada á hostalería aínda que atesoran experiencias distintas, un máis na parte de restauración e outro na de hotelería.

Hai mais dun ano que decidiron iniciar o seu propio proxecto e cando Bellaco comezaba a funcionar, no mes de novembro pasado, comezouse a escoitar algo sobre un virus en China. De súpeto, en marzo, todo mudou menos a vontade dos dous amigos de, en canto fose posible, reabrir o local.

Bellaco, vontade gastronómica

De esquerda a dereita Matías e Borja

Retomamos con eles as entrevistas presenciais, mantendo as distancias e as medidas de hixiene necesarias, e preguntando en primeiro lugar de onde veñen. Escoitamos, por ese orde, a Borja e Matías

Bellaco, vontade gastronómicaA crise do Covid19 obrigou a todo o mundo a cambiar o xeito de traballar, Bellaco non é unha excepción e comezou a dar comidas a domicilio e recoller como xeito de reiniciar a actividade

Bellaco, vontade gastronómicaO que explica Matías de xeito tan sinxelo esconde un cambio que afecta á filosofía do local. Investiron moitos recursos para que a experiencia en sala fora moi boa e iso tivo que pasar a un segundo plano. Con todo, tal e como conta Borja, procuraron que o se levaban os clientes mantivera o espíritu

Bellaco, vontade gastronómica

Un mural adicado ao cine recibe aos clientes

O local do Bellaco ten a súa propia historia. Está situado na rúa Concepción Arenal, un lugar con vida propia no que en pouco metros reúnense unha sala de concertos, A Capitol; unha librería con cine, Numax; unha tenda de animais que aínda que agora pertence a unha cadea leva máis de 20 anos alí; e agora este novo restaurante. O espazo se adaptaba tanto ao que buscaban que un ano antes de abrir xa se fixeron con el

Bellaco, vontade gastronómica

arroz con polbo

Non hai artificios na oferta gastronómica, a proximidade da praza de abastos marca unha carta moi completa pero que só é unha parte dunha experiencia que se completa con viños, cervexas ou café

Bellaco, vontade gastronómica

Cocochas

Bellaco súmase a unha serie de locais entre nos que sempre atopamos honestidade, de feito a resposta sobre a visión que teñen da gastronomía en Santiago e sempre parecida: unha competencia sana

Bellaco, vontade gastronómica

Tartar de atún

O principal problema está no que o cliente está disposta a gastar en alimentación. Algo que terá que cambiar co tempo pero que ten que ver tamén con campañas institucionais nas que se fomenta a idea dunha gastronomía barata e abundante

Borja e Matías teñen un longo camiño andado pero un aínda máis longo por diante. É doado ver que o Bellaco e o seu sono e que están dispostos a defendelo e mimalo. Son a guinda dunha zona da cidade que nos últimos anos converteuse por dereito propio un lugar que visitar así que agora tedes unha razón máis.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies