Xico de Carinho presenta na Gentalha do Pichel “Na harmónica”

0

Compostela, 5 de marzo do 2020 – A Associaçom José Afonso – Galiza e a Gentalha do Pichel organizan un acto de presentación do libro-disco “Na harmónica”, de Xico de Carinho, editado pola Central Folque.

O acto, que contará coa cantautora Alba María ademais do propio Xico de Carinho, será este xoves ás 20:30 h. na Gentalha do Pichel (rúa de Santa Clara, 21) en Santiago de Compostela. A entrada é libre.

Xico de Carinho presenta na Gentalha do Pichel "Na harmónica"O libro-disco inclúe 14 temas e conta coa colaboración de perto de 30 artistas que achegan estilos do máis diverso, desde o jazz, ao latino e aos sons tradicionais; con influencias de diferentes países, autores e instrumentos. Ademais de composicións propias, inclúe temas tradicionais e músicas e textos de autores galegos e portugueses, como José Afonso e Fernando Pessoa.

A publicación conta cunha entrevista feita por Xan Carballa, que recorda que Xico de Carinho foi o punto de conexión de José Afonso con Galiza desde a década de 1970. Coñecéronse en París e Xico de Carinho foi despois un dos impulsores da homenaxe que se lle brindou ao autor de “Grândola Vila Morena” no ano 1985 no parque de Castrelos, en Vigo.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial