займ срочно

Os GDRS de Galicia presentaron a guía A Gastronomía Galega Fai o Camiño

0

Compostela, 25 de outubro do 2019 – O Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación da guía A Gastronomía Galega Fai o Camiño impulsada pola Asociación de GDRS de Galicia.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, GDRS, impulsaron este proxecto coa apoio da Xunta de Galicia por medio de O teu Xacobeo. O acto foi organizado polo GDR Terras de Compostela que preparou tamén unha degustación de pratos da contorna.

A guía, que estará dispoñible fisicamente e para descarga, a primeiros de novembro, recolle os dez principais Camiños de Santiago. Ademais de dar indicacións xeográficas recolle “menús peregrinos” que serven de recomendación para os locais, de invitación para os visitantes e para por en valor os produtos locais cos que están pensados.

Ao longo dos últimos meses fixéronse presentacións polas distintas áreas de traballo dos GDR e o evento de este xoves foi o resumo de ese percorrido e a presentación final.

Iolanda Bouzas, secretaria do GDR Terras de Compostela, explicaba a importancia da hostalería e dos distintos Camiños de Santiago como motores do medio rural ” Esta guía pon en valor, e descobre, eses sabores e produtos aos que aludía uníndoos cos diversos Camiños de Santiago. É unha ferramenta. como diriamos se falásemos de tecnoloxía,  multitarea. Serve para a promoción dos territorios, dos Camiños, pero tamén como guía de oferta para os propios negocios, como mapa para descubrir novas ideas para os profesionais, locais e foráneos, mesmo como forma de buscar novas iniciativas; consegue, en resumo, potenciar e visibilizar algúns deses tesouros que temos no rural”.

A guía A Gastronomía Galega Fai o Camiño editarase en tres idiomas e estará dispoñible desde novembro na web da Asociación de GDRS de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies