Deconstruír o franquismo na Alameda de Santiago

0

Compostela, 25 de xaneiro do 2020 – A Alameda de Santiago acolle ata o 6 de febreiro a exposición Decostruír o franquismo, unha reflexión sobre a simboloxía franquista e os lugares de morte e enterramento en Galicia durante a Guerra Civil.

Histagra , grupo de investigación da USC, e o Observatorio Europeo de Memorias da Fundación Solidaridad da Universidade de Barcelona, nos propoñen unha mirada á ditadura a través da simboloxía do franquismo.

Os comisarios da exposición e profesores da USC na Facultade de Xeografía e Historia, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho, salientan que esta iniciativa “inclúe preproducións fotográficas de espazos e simboloxía franquista que perduran ou que foron esquecidos pola cidadanía de Santiago de Compostela e unha cartografía interactiva que trae ao espazo público os lugares de morte e enterramento en Galicia durante a guerra civil”.

Deconstruír o franquismo na Alameda de SantiagoA mostra preséntase en cinco etapas, dende a ‘Persistencia’ do franquismo ás ‘Ausencias’ de memoria. O traxecto descóbrenos as ‘Veladuras’ do franquismo retirado pero recuperable, as ‘Amnesias’ que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as ‘Expropiacións’ de significado de lugares e símbolos. A exposición permanecerá no Paseo da Alameda ata o vindeiro 6 de febreiro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, de luns a venres. Sábados e domingos o horario estenderase de 12.00 a 14.00 horas.

Asemade, a sociedade cooperativa Rexenerando, impulsa un roteiro para o vindeiro 1 de febreiro, ás 11.00 horas, cunha duración aproximada de dúas horas. Pode obterse máis información sobre o mesmo no enderezo electrónico info@rexenerando.com

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial