O Puerta del Camino abre The Garden para ver as Perseidas

0

Compostela, 12 de agosto do 2019 – O hotel Puerta del Camino, establecemento de catro estrelas da cadea Oca  Hotels en Santiago de Compostela, continúa celebrando o seu vinte aniversario con diversas actividades e este martes convida a ver as Perseidas.

As actividades do vinte aniversario están encamiñadas a abrir o complexo a toda a cidadanía de Santiago. A cita de este martes coas Perseídas será no espazo coñecido como The Garden.

ver as perseidas en The Garden

The Garden

A velada desenvolverase en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da  Universidade de Santiago (USC) e permitirá que os asistentes poidan identificar estrelas e constelacións, coa axuda das explicacións dun monitor do Observatorio e utilizando telescopios, prismáticos e planisferios.

O  visionado prestará especial atención ás  Perseidas, choiva de estrelas fugaces (ou choiva de  meteoros) que son visibles no hemisferio norte nestes días, motivo polo que son coñecidas tamén como bágoas de San Lorenzo, festividade que se celebra o 10 de agosto. 

O hotel Oca Porta do Camiño, situado na entrada do Camiño Francés á beira do Palacio de Congresos e  Exposicións de Galicia, acollerá esta actividade nos seus xardíns e ofrecerá aos asistentes un viño español como benvida. A continuación, dará comezo o  visionado, previsto para as 22:00 horas. A entrada é libre. 

A observación das  Perseidas únese ás diversas accións que o Oca Porta do Camiño está a levar a cabo ao longo deste 2019 para conmemorar os seus vinte anos de vida. Entre elas atópase tamén unha exposición do escultor Fran Lareo, que estará aberta durante todo o mes de agosto. A celebración continuará con diversas xornadas gastronómicas, relatorios ou o aceso do Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial