займ срочно

Unha nova edición de Compostela Ilustrada unirá gastronomía e debuxo

0

Compostela, 5 de novembro do 2017 –  Ao igual que aconteceu na súa primeira edición, o Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada busca axuntar debuxo e gastronomía.

Noites de Gastronomía e Debuxo – A Tapa Ilustrada é o nome para unha orixinal proposta que levará aos visitantes e debuxar mentres proban distintas tapas.

Compostela Ilustrada reservou as noites do venres 10 e o sábado 11 como «noites gastronómicas», organizadas en colaboración coa Asociación Cívica, Cultural e Gastronómica Distrito Altamira e coa empresa Vermú Petroni.

Os participantes no Encontro de Cadernos de Viaxe sairán a partir das 21.30 h para cear e debuxar. Os ilustradores terán a oportunidade de debuxar e degustar en cada local unha tapa creada en exclusiva para Compostela Ilustrada.

A recentemente constituída Asociación Distrito Altamira ofrece este ano acubillo aos participantes do Encontro para cear e debuxar en seis locais, tres cada día, que realizarán unha tapa en exclusiva para o público e os cidadáns que se acheguen a ver a máis de cen persoas debuxando os locais, as tapas e a zona.

O público en xeral tamén poderá degustar esa tapa exclusiva dese único día ao tempo que pode ver debuxando in situ a algún dos mellores ilustradores de mundo.

O Abastos 2.0, o Café de Altamira e o Oliveira serán os encargados de abrir o venres 10 as noites gastronómicas.

Ao día seguinte, sábado 11, farán o Milonga’s, Casa Pepe e Orixe, tras a presentación da obra do debuxante francés Lapin na Libraría Couceiro ás 20.30 h.

Distrito Altamira é un espazo que abarca unha parte do casco histórico de Compostela no que concentran restaurantes, o Mercado de Abastos, varias igrexas e librarías, entre outros puntos de interese. 

Estos foron algúns dos momentos da edición 2016

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”56″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” slug=”compostela-ilustrada” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies